Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación amosarán o seu talento na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación amosarán o seu talento na Rede

Redacción
Publicado: 26/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

canteira_fcsc_01.jpgComo facer ver no noso currículo todas as habilidades, experiencia e competencias que fomos adquirindo ao longo da nosa estadía formativa? Amosar esta bagaxe é sempre unha tarefa complexa, e máis aínda en titulacións onde a marxe da creatividade de cada quen é tan ampla como difícil de cuantificar e traducir en palabras. É o caso das Ciencias Sociais e da Comunicación. Co obxectivo de facer ver o talento dos estudantes ás empresas, a facultade (Campus de Pontevedra) vén de habilitar A Canteira da FCSC, unha web na que tanto o alumnado como os licenciados poderán presentar os seus traballos. Segundo informa a dirección do centro, estamos ante un proxecto pioneiro que non ten equivalentes en ningunha universidade estatal.
canteira_fcsc_02.jpgAsí o conta o vicedecano Jesús Pérez, que lembra que a web foi desenvolvida Consello Social da Universidade cun obxectivo principal, “fomentar a empregabilidade dos nosos alumnos e titulados”.
Ou sexa, que o que se busca é “que sirva como unha especie de repositorio no que, dado que temos unhas titulacións cunha alta compoñente visual, os estudantes poidan ensinar toda esa serie de cousas que non sempre figuran no currículo”. A idea é que sexan os estudantes os que enchan de contido o portal que a facultade vén de poñer en marcha. Segundo engade o vicedecano, polo de agora a páxina está en probas e pendente das achegas do alumnado.
Amais de ser unha palestra para os estudantes e titulados, trátase tamén dunha plataforma orientada ao mundo empresarial. A través dela, “os empresarios poderán coñecer o traballo de gran calidade que fan os estudantes”. De feito, unha vez que a Canteira de FCSC estea cargada de contidos, o seguinte paso será intentar promocionala entre o empresariado, buscando que as empresas teñan este espazo como “primeira opción” á hora de contratar alguén en ámbitos como a publicidade ou o audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?