Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia García (Femxa) fai un chamamento a prol de mellores políticas de formación para crear emprego TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia García (Femxa) fai un chamamento a prol de mellores políticas de formación para crear emprego TIC

Redacción
Publicado: 26/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

patricia_garcia_femxa-2.jpgO Grupo Femxa, a través da súa presidenta Patricia García, vén de emitir un comunicado no que se avalían os puntos fortes e as feblezas do noso sector das novas tecnoloxías, o tecido TIC galego, achegándose unha serie de claves para acadar un meirande crecemento os vindeiros anos, e tamén, unha serie de previsións. Segundo se fai saber no informe, o ámbito tecnolóxico-dixital galego vai xerar ata 2.000 postos de traballo a cabalo entre 2015 e 2016. A cifra, con semellar boa, sería aínda mellor “se houbese mellores políticas de formación”. Segundo fai saber Patricia García, “é certo que custa cubrir moitos destes postos, por falta de persoal cualificado”.
No comunicado tamén se informa da previsión dos sociólogos e expertos da Comisión Europea para o sector TIC español. Este, dise, xerará 500.000 novos postos de traballo, “dos cales o 90% crearanse en Galicia”. Asemade, máis en detalle, engádese que só entre este ano en curso e o seguinte o prognóstico é dun medre do 30% no sector, o que xerará unhas 2.000 oportunidades de traballo en Galicia, sobre todo en Santiago, A Coruña e Vigo. Os postos máis demandados son programación en Java, programación en distintas plataformas para comercio electrónico, desenvolvedores de aplicacións para móbiles, expertos en virtualización, consultores e comerciais TIC, etc.
Para Femxa, como dixemos, as cifras podían ser aínda moito mellores. Estas, sinala, comezarían a acadarse con mellores políticas de formación. A xuízo de Patricia García, “hoxe en día están a acontecer fenómenos paradoxais tendo en conta o problema do desemprego en España, como por exemplo que haxa postos de traballo que están a quedar sen cubrir porque non hai persoas de abondo coa formación precisa para poder cubrilos”. Isto, na súa opinión, demostra “a necesidade dunhas políticas de formación aliñadas coas demandas de emprego”, deste xeito, non ficarían vacantes sen atender”. Ademais, engade, “o emprego xera emprego”, e cantas máis persoas ocupadas hai nun país, máis servizos demandan e isto implica un crecemento económico e laboral xeneralizado.
Para a presidenta de Femxa, o gran reto arestora é dar formación a unha gran cantidade de persoas en poucos anos, para poder achegar unha oferta laboral axeitada ás ofertas que se crearán ata o 2020. Unha oferta que a nivel estatal distribúense da seguinte maneira: o 53% dos novos empregos serán para especialistas en vendas e comerciais, o 33% para enxeñeiros e o 21% para especialistas en TIC. García apunta como “posible solución” a programación de cursos “totalmente prácticos, impartidos por profesionais con experiencia de traballo real na materia que teñan acreditada a súa capacidade como formadores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?