Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Queres lanza un produto de xestión que facilita ao máximo o traballo documental de PEME e asesorías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Queres lanza un produto de xestión que facilita ao máximo o traballo documental de PEME e asesorías

Redacción
Publicado: 26/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

queres_a3s.jpgQueres Tecnoloxías, empresa galega TIC, deunos a coñecer este mes de maio a dispoñibilidade do seu produto A3S, que é o sistema de xestión documental Alfresco en modalidade SaaS (software como servizo) para pequenas e medianas empresas. Segundo nos conta Víctor Fariña, CEO de Queres, trátase dun produto moi orientado a empresas, despachos de avogados, asesorías e demais empresas que xestionen unha gran cantidade de documentación e electrónica. Ademais, estamos ante un servizo na nube. Máis polo miúdo, nunha nube ceibe de ataduras.
Así nolo explican: “En Queres proporcionamos as ferramentas e o soporte preciso para que se un usuario non está satisfeito co noso servizo poida migrar de xeito doado a información”. A migración pódese levar a cabo de moitas maneiras, sendo a máis sinxela realizar a exportación de todo o contido do repositorio ao formato ACP (Alfresco Content Package) desde la consola de administración. Este formato é un arquivo comprimido mediante Zip que contén un XML cos metadatos dos documentos e acubilla estes en si mesmos.
Volvendo a A3S, sinalar que un dos seus moitos puntos fortes é a eficacia que pon en xogo para xestionarmos a documentación do noso negocio, ao que cómpre engadir os factores sinxeleza, facilidade e posibilidade de compartir traballo e coñecemento. De feito, sinálase, co novo sistema de Queres podemos compartir arquivos (facturas, contratos, nóminas, notas de prensa, presentacións, información de cliente, listaxes de tarefas, etc), ou cartafoles completos “cun par de clics”. Asemade, o usuario pode colaborar cos integrantes do seu equipo ou con persoas externas á súa organización, podendo tamén iniciar fluxos de traballo para facer seguimento da aprobación de documentos, realizar comentarios acerca destes (de xeito que fica unha traza da vida do mesmo) ou editar en liña e de maneira simultánea con varias persoas á vez.
No que se refire á cuestión dos metadatos (atributos, palabras pequenas que axudan a atopar contidos), A3S posibilita un extra de eficacia na clasificación da documentación e un importante compoñente de aforro en tempos e esforzos. Máis polo miúdo, permite ao usuario etiquetar o contido unha vez e tirar proveito dese traballo o resto da súa vida, sen depender da estrutura de cartafoles que se teña. “A clasificación”, sinalan dende Queres, “é automática na maioría dos casos e no resto deles é moi doado indicar os atributos que desexemos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?