Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada en Pontevedra achegará asesoramento sobre proxectos de I+D+i e TIC a cooperativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada en Pontevedra achegará asesoramento sobre proxectos de I+D+i e TIC a cooperativas

Redacción
Publicado: 26/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Consellería de Traballo e Benestar organiza mañá, 27 de maio, no Pazo da Deputación de Pontevedra o programa iCOOPERA impulso I+D+i e TIC, que ofrece de forma gratuíta ás cooperativas galegas asesoramento e formación en novas tecnoloxías (TIC), así como en procesos de Investigación, desenvolvemento e innovación.
Durante toda a mañá, expertos en innovación e TIC explicarán as vantaxes de emprender proxectos de I+D+i e familiarizarse co emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación para a mellora produtiva, administrativa e competitiva das cooperativas.
Esta é a segunda xornada que se celebra para impulsar a implementación de solucións tecnolóxicas nas cooperativas. Trátase dunha iniciativa que resulta especialmente atractiva para entidades que desexen iniciar a súa presenza na Internet para gañar en visibilidade, por exemplo, mediante a creación dunha páxina web, nas redes sociais ou a través do correo electrónico corporativo.
As entidades interesadas poderán afondar igualmente no reforzo das súas estruturas comerciais mediante a implantación de sistemas de venda online, ademais do establecemento de redes de información e o intercambio de ideas e proxectos. Trataranse ademais, as facetas que forman parte da I+D+i, como poden ser a xeración de ideas, produtos, procesos produtivos e apoios públicos.
A subdirectora xeral de Cooperativas e Economía Social, Alba Paz, abrirá a xornada animando ás cooperativas a acollerse aos servizos gratuítos que ofrece a iniciativa iCOOPERA para mellorar a súa competitividade. A continuación intervirán os relatores, Ruth Rodríguez e María Rey, técnicas de innovación de AGACA, e o experto en TIC, docente en novas tecnoloxías, deseñador de páxinas web e programador de aplicacións, Jorge Lafuente.
Este novo servizo, que comezou a súa andadura en marzo deste ano, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia. A inscrición á xornada pode efectuarse a través do teléfono 981 584 783 ou mediante o correspondente formulario en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?