Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña acollerá en xuño a edición galega da Olimpíada Mundial de Robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña acollerá en xuño a edición galega da Olimpíada Mundial de Robótica

Redacción
Publicado: 27/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

world_robot_olympiad.jpgPara quen queira gozar vendo os últimos desenvolvementos dos nosos futuros expertos en intelixencia artificial, dicirlle que hai se achega unha relevante cita sobre a materia que nos colle aos galegos ben de preto. Falamos da Olimpíada Mundial de Robótica, a edición galega da World Robot Olympiad (WRO), que se celebra na Coruña o vindeiro 20 de xuño e que vén da man da Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Colexio Compañía de María da Coruña e as súas asociacións AMPA e ARKITAS Robótica. A competición está dirixida a rapazas e rapaces de entre 7 e 19 anos. Haberá tres categorías diferentes. A través delas, os participantes terán que montar e programar os robots en directo e competir por equipos en tres retos diferentes.
Os equipos que superen a fase local irán á cita estatal en Barcelona o vindeiro 11 de outubro. A final internacional este ano celebrarase en Doha, Catar, os días 6 e 8 de novembro.
Trátase da primeira vez en que A Coruña acolle esta competición de robótica, sendo o emprazamento elixido o pavillón de deportes do Colexio Compañía de María (avenida Calvo Sotelo 2-4). Como dixemos, a cita galega conta co apoio do CPEIG e o patrocinio de organizacións, entidades e colectivos como por exemplo Cetronics A Coruña, a Obra Social La Caixa, a Fundación EducaBot e ARKITAS, socio local da WRO. Este evento internacional conta cunha década de traxectoria. Celebrou a súa primeira a súa primeira competición de robótica no ano 2004 e nela participaron 12 países e 4.000 equipos. En 2013, foron máis de 42 países e en torno a 20.000 equipos de todo o mundo os que competiron nas actividades de competicións locais, rexionais e nacionais. Ao longo do 2015, celebraranse torneos nas cidades da Coruña, Barcelona, Burgos, Xirona, Xaén, A Rioxa, As Palmas, Lleida, Madrid, Málaga, Murcia, Donostia, Tenerife, Valencia e Vic. Como se dixo, a final internacional, á que accederán os equipos que gañen as competicións a escala nacional, celebrarase este ano en Doha, Catar, os días 6 e 8 de novembro.
Todos os nenos e nenas que concursen na WRO recibirán un premio en recoñecemento á súa participación e esforzo. O premio para os equipos gañadores de cada unha das 3 categorías consistirá nun cheque regalo por un importe de 1.500 € que se outorgará aos centros escolares correspondentes e que se destinará a axudar aos devanditos centros a sufragar os gastos para a participación dos seus alumnos na fase nacional o vindeiro 11 de outubro no centro Cosmocaixa en Barcelona. Para formalizar as inscricións, os centros escolares poderán dirixirse á páxina da WRO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?