Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC non acaban de chegar ás nosas maiores de 65 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC non acaban de chegar ás nosas maiores de 65 anos

Redacción
Publicado: 27/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computadora_traballando.jpgQue as novas tecnoloxías non están feitas á medida de todos é algo que se deduce do estudo levado a cabo polo Intituto Nacional de Estadística (INE), que vén de tirar conclusións da súa Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares. A dita análise, achegada polo Instituto Galego de Estatística, sinala que o uso de computadores, Internet, teléfonos móbiles e comercio electrónico ocupan un espazo ínfimo entre as mulleres galegas maiores de 65 anos, traducíndose isto nunha fenda dixital de xénero en Galicia.
Emporiso, malia os esforzos que se están a facer dende os Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (con case un cento de aulas espalladas por todo o territorio galego, amais dos programas desenvolvidos por deputacións e concellos) tanto no uso de ordenadores, Internet e dispositivos móbiles, coma no acceso ao comercio electrónico, as galegas entre 65 e 74 anos amosan un perfil moi baixo, con porcentaxes moi inferiores ás dos homes galegos e moi afastadas da media estatal.
No caso do resto de España, o uso que fan as mulleres das TIC é menor que o dos homes, agás o caso dos móbiles, onde é parello, agás en Galicia. Os resultados indican que o teléfono móbil é o máis empregado por este grupo de persoas en todo o estado, sendo os homes galegos de 65 a 74 anos os que máis salientan no uso destes trebellos, con porcentaxes algo superiores á media. Porén, a diferenza do que acontece no resto de España, en Galicia mantense a dita fenda de xénero no acceso a estes dispositivos.
En canto ao comercio electrónico, cómpre dicir que aínda ten moi poucos seguidores entre as persoas maiores, sendo case nulo entre as galegas, dato que contrasta co dos homes, cuxa actividade no comercio electrónico sobresae por riba da media estatal.
De falarmos do uso do computador, as nosas maiores están nunha situación case de igualdade coas súas semellantes doutras autonomías, mais tamén aquí (coma no resto de apartados) se sitúan lonxe das porcentaxes acadadas por eles.
E sen esquecer a Internet, obsérvase que a súa introdución entre o colectivo de persoas maiores en Galicia é ben inferior á do resto de España, sendo especialmente baixa entre as mulleres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?