Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Feeldreams lanza app para axudar aos internautas a cumprir os seus soños
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Feeldreams lanza app para axudar aos internautas a cumprir os seus soños

Redacción
Publicado: 27/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feeldreams.jpgEsta semana soubemos da posta en marcha dunha aplicación móbil cuxos obxectivos concretos deixan ás claras que non estamos ante unha ferramenta calquera. Precisamente porque os obxectivos teñen ben pouco de concretos e son moi variados: polo menos un por cada usuario. Falamos da plataforma Feeldreams e da app de seu, ferramentas que, en palabras dos seus creadores, encamíñase a contribuír a que os usuarios cumpran os seus soños, arelas e devezos.
A aplicación, que conta co apadriñamento de Fonsi Nieto ou do galego Fernando Romay, é en boa medida a translación ao terreo das apps do espírito que alenta as xuntanzas onde hai persoas que axudan a outras e, indirectamente, tamén a si mesmas. En palabras do seus desenvolvedores, “é unha comunidade de usuarios na que todos colaboran para cumprir os seus desexos”.
Para tirarlle partido, cómpre seguirmos os pasos de costume: descargala e poñernos a usala (informando das nosas arelas, vendo como podemos axudar nas dos demais) ben na súa versión para iOS, ben na modalidade para Android. Para ilustrar o cometido e o tipo de actividade da ferramenta, os creadores da mesma informan: “A través de Feeldreams, podemos cumprir todo tipo de desexos que ata o de agora ficaban por diversos motivos á espera de seren levados á práctica, dende conquistar ao que foi o noso primeiro amor ata percorrer Europa en bicicleta, pasando por correr o Maratón de Nova York, ir a un festival internacional de música, escribir unha novela, traballar en Google ou tirarnos dunha ponte nas Fervenzas Victoria”.
A plataforma Feeldreams e a súa aplicación non ten fins comerciais. O seu desenvolvemento correu a cargo do conferenciante e consultor Jesús Vega e da incubadora Climbcrew. No futuro contará con patrocinadores para cada unha das súas categorías, ao tempo de que un consello independente velará para que os fondos se destinen mantemento da aplicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?