Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Media Markt e Cruz Vermella tirarán proveito das TIC para diminuír o absentismo escolar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Media Markt e Cruz Vermella tirarán proveito das TIC para diminuír o absentismo escolar

Redacción
Publicado: 27/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

convenio_media_markt_cruz_vermella-2.jpgMedia Markt, cadea de equipamento electrónico e informático con presenza na nosa terra (Vigo, A Coruña, Ferrol e Lugo), vén de asinar un acordo de colaboración coa Cruz Vermella e coa Plataforma Europea para a Reciclaxe (ERP) co fin de apoiar Proxecto de Promoción do Éxito Escolar da sección xuvenil da devandita institución humanitaria e achegar a tecnoloxía aos nenos e nenas co obxectivo de diminuír os índices de absentismo e fracaso escolar. O convenios, sinalan fontes da cadea de orixe xermana, servirá para levar a cabo diferentes accións de axuda aos mozos no ámbito educativo.
O obxectivo, como dixemos, é tirar proveito das tecnoloxías como ferramentas para interesar ás novas xeracións e, a partir de aí, contrarrestar as altas cifras de absentismo. Segundo fixo saber na sinatura do convenio Ferran Reverter, director xeral de Media Markt en España, “a tecnoloxía converteuse nunha ferramenta indispensable na escolaridade dos mozos, necesaria tanto na realización de tarefas escolares como para o desenvolvemento social e persoal dos mozos de hoxe en día”.
A primeira acción levada a cabo no marco deste convenio coincidirá co Plan Renovator de Media Markt: todos os portátiles, computadores de sobremesa e netbooks en bo estado que poidan ter unah segunda vida e fosen recollidos durante a campaña do 28 de maio ao 7 de xuño, nas 75 tendas Media Markt en España e en mediamarkt.es, irán destinados ao Proxecto de Promoción do Éxito Escolar de Cruz Vermella. ERP será a encargada de comprobar o estado de todos os portátiles, computadores e netbooks, así como de potenciar a reutilización dos mesmos. Trátase do primeiro paso dunha colaboración a longo prazo entre o tres entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?