Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentado en Pontevedra un webdoc sobre a relevancia do xogo no noso desenvolvemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentado en Pontevedra un webdoc sobre a relevancia do xogo no noso desenvolvemento

Redacción
Publicado: 27/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_webdoc-2.jpgEstes días (e mañá no Congreso dos Deputados) estase a presentar Imagine Elephants, un proxecto que avalía a relevancia do xogo para múltiples aspectos, vertentes e ámbitos das nosas vidas. O proxecto materializouse nun webdoc (documental feito para ser distribuído, presentado e achegado dende a Rede, con espazo de seu e marxe amplo de interactividade) do mesmo nome e que foi impulsado pola asociación Samthing Visual coa colaboración da Fundación Crecer Jugando. Os seus autores son unha licenciada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra (Elena Cruces) e o estudante de Comunicación Audiovisual Julián Maguna. Xuntos presentaron o webdoc este martes no consistorio de Pontevedra. A obra xunta declaracións e testemuños de máis de 30 expertos en actividades lúdicas e no seu percorrido pola historia.
O documental, salientaron os seus creadores, naceu “da necesidade de que os adultos entendamos a importancia que ten xogar e todo o que achega o xogo ás persoas”. Máis aínda tendo en conta como as obrigas da sociedade na que vivimos “levan moitas veces a antepoñer actividades extraescolares ou outra serie de tarefas aos momentos de xogo espontáneo de nenos e nenas”, engadiron.
O traballo que Cruces e Maguna levan desenvolvendo desde hai preto de ano e medio poderá verse por primeira vez a través da súa web o vindeiro xoves 28 de maio, coincidindo co Día Internacional do Xogo. Será nese intre cando poidamos dar conta da totalidade do proxecto audiovisual, que adoptou a feitura dun webdoc para conseguir a meirande interactividade cos espectadores. “Para un proxecto cunha carga teórica tan grande, decidimos que sería o formato máis indicado, xa que permite indagar moito máis na historia que cunha reportaxe ao uso”, salientou na presentación Maguna, responsable da realización e da edición do proxecto, no que tamén participaron os integrantes de Samthing Visual Sam J. Hardie, Eloy Táboas e Gonzalo Estévez.
Segundo fixo saber, o formato seleccionado posibilita contemplar o documental en si mesmo de 50 minutos e acceder tamén ás fotos e textos, e ademais permite ver íntegras as entrevistas realizadas a máis de 30 expertos e profesionais de ámbitos como a pedagoxía, a educación ou a psicoloxía, entre os que se atopan o pedagogo Francesco Tonucci, o catedrático da Universidade Complutense de Madrid Gonzalo Jover ou o catedrático da Autónoma de Madrid Josetxu Linaza. Deste xeito, este formato de documental interactivo permite aos usuarios acceder a unha “biblioteca audiovisual”, organizada por temáticas, con máis de 800 minutos de vídeo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?