Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: #NEThinking converte esta semana a Illa de San Simón no centro do debate dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

#NEThinking converte esta semana a Illa de San Simón no centro do debate dixital

Redacción
Publicado: 28/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

imaxe_nethinking.jpgEsta semana, días 29 e 30 de maio, a Illa de San Simón (Redondela) acolle unha das xuntanzas de temática dixital máis salientables da tempada. Falamos de #NEThinking, que vai pola súa quinta edición e que, para os que non poidan acudir, será retransmitido con tecnoloxía streaming e vía Twitter. A xuntanza, impulsada pola Secretaría Xeral de Cultura, terá como anteriores ocasións un debate de debate aberto, fomentándose ao máximo o intercambio de coñecemento e puntos de vista arredor de temas de actualidade como o uso (axeitado e erróneo) que se lles pode tirar ás redes sociais, as posibilidades de comunicación de Internet ou as metodoloxías aplicables para informar con espírito crítico e sen deixar de lado o respecto cara a persoas e entidades.
O encontro, sinala a organización, contará con “algunhas das figuras máis influentes do escenario dixital, desde comunicadores e blogueiros ata artistas”. En definitiva, darase acubillo unha vez máis aos integrantes da chamada Comunidade #NEThinking, un colectivo que, como todos os vencellados ás novas tecnoloxías e recursos de comunicación compartida e participativa, engade aos seus habituais compoñentes novas incorporacións.
nethinking_2014.jpgEste ano “enriquecerán o caudal crítico e creativo do encontro”, en palabras da organización, a investigadora e consultora Estrella Montolio, que introducirá o tema da chamada “linguaxe clara”. Tamén debuta o guionista e comunicador José A. Pérez Ledo e un dos principais referentes da blogosfera con mimesacojea.
Pola súa banda, Alberto Casado e Rober Bodegas avaliarán o fenómeno e os límites do humor na Rede, e a revista Jot Down terá a súa representación co columnista Manuel de Lorenzo. Tamén nesta edición volve sentar ante as cámaras de #NEThinking o escritor e analista Antón Losada, que centrará o debate sobre a información e a propaganda.
A xornada do 29 abrirase, segundo avanzan a organización, “con reflexións arredor de grandes preguntas sobre o contorno dixital como quen somos, de onde vimos ou cara a onde imos”. En concreto, abrirase fogo coa seguinte pregunta: Somos escravos das tecnoloxías?
Na xornada do sábado, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitará na illa o equipo #NEThinking, abordándose ao longo do día temas como o uso que se lles dá ás redes sociais, os modos de escribir en internet, os límites do humor na Rede ou a información e propaganda virtuais.
Entre os participantes deste ano tamén figuran artistas, creadores e comunicadores como a guionista, xornalista e escritora Raquel Martos, que para esta edición propón introducir no debate voces externas de xornalistas, políticos, communitys e usuarios anónimos de Twitter para saber como utilizan as redes sociais.
A quinta edición tamén contará de novo con recoñecidos e activos blogueiros como José Jiménez Moltó (Kurioso); editores de medios dixitais e expertos en redes sociais como Ismael El-Qudsi (IntrernetRepublica) ou Eduardo Arcos Hipertextual); consultores como Mario Tascón (Prodigioso Volcán) e Antonio Delgado (@redada); así como o director xeral da Fundèu, Joaquín Müller; o director de Zona Noroeste da SGAE, Juan Carlos Fdez. Fasero, e os profesores Miguel Ángel López (Hematocrítico) e Joaquín Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?