Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carlos Conde é o novo presidente de Ineo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carlos Conde é o novo presidente de Ineo

Redacción
Publicado: 29/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

carlos_conde_presidente_ineo.jpgA asociación Ineo, entidade que xunta unha parte salientable das nosas firmas TIC, deu a coñecer esta semana un importante cambio na súa directiva. Máis polo miúdo, trátase da incorporación ao posto da presidencia de Carlos Conde, profesional con ampla experiencia no sector e responsable de Negocio en Galicia en INSA (Enxeñaría de Software Avanzado). Segundo fixo saber Ineo, o novo presidente da entidade asume como reto “capitanear a transferencia de tecnoloxía a outros sectores, fomentando o desenvolvemento de solucións adaptadas en colaboración coas empresas cliente e ampliar o número de socios, atraendo a novas empresas”.
Esta actividade de captación de novas firmas, engade a asociación, intensificarase especialmente nas provincias galegas menos representadas en Ineo, que como lembraremos ten a súa sede en Vigo e, por lóxica, aglutina máis compañías da principal cidade galega e da súa contorna. Amais deste obxectivo de ampliar as marxes de adhesión de empresas, a nova andaina de Ineo inclúe na súa folla de ruta o reto de estimular a excelencia empresarial nas novas firmas tecnolóxicas para garantir a súa creación desde bases empresariais sólidas. A incorporación de Carlos Conde foi dada a coñecer durante o transcurso da asemblea xeral de Ineo. Jorge Cebreiros, presidente saínte, estivo á fronte da asociación durante dous mandatos.
Carlos Conde é enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Tras 10 anos en Madrid en diversas empresas de tecnoloxía, como Nortel Networks, volveu a Galicia como director do Centro de Innovación Tecnolóxica de INSA e arestora desenvolve labores de Desenvolvemento de Negocio en Galicia. Conta con ampla experiencia en empresas de servizo e consultoría tecnolóxica, especialista na procura e aplicación de novas tecnoloxías e enxeñaría. Tamén liderou proxectos de consultoría tecnolóxica en diversos sectores, así como o desenvolvemento da rede de distribución a nivel nacional de equipos tecnolóxicos de primeiro nivel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?