Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España sitúase a rentes dos 2 millóns de liñas de fibra óptica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España sitúase a rentes dos 2 millóns de liñas de fibra óptica

Redacción
Publicado: 29/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cnmc_febreiro_fibra.jpgMedra a banda larga fixa en España, con liña ascendente e cunha curva de feitura alpina. Así o confirma o novo informe da CNMC, no que se apunta que as liñas FTTH (fibra ata o fogar) rexistraron en febreiro (por sexto mes consecutivo) un medre superior ás 100.000 liñas. Máis polo miúdo, en febreiro a cifra foi de 127.735, superando os 1,8 millóns. A nivel anual, respecto de febreiro de 2014, os autores do informe salientan “o aumento de máis dun millón de liñas FTTH, fronte á perda de máis de medio millón de liñas con tecnoloxía DSL”. Este tipo de liñas (ADSL) confirma na nova investigación unha liña claramente descendente (perdeu 100.000 liñas) que contrasta drasticamente coa suba imparable da fibra óptica.
A CNMC tamén sinala que as liñas de banda ancha en España medraron en febreiro un 6% respecto ao ano anterior, acadando os 12,8 millóns. Orange, con 19.037 liñas máis que en xaneiro de 2015, liderou no devandito mes a ganancia de liñas de banda ancha fixa, seguido de Telefónica, Ono e Jazztel con 13.331, 9.200 e 6.139 liñas, respectivamente. Como dato salientable, sinalar que Telefónica cede un algo de terreo con respecto aos seus competidores, malia seguir sendo líder cunha cota de mercado do 45,2%, seguida de Orange cun 15,6%.
Polo que atinxe á telefonía móbil, o total de liñas caeu en febreiro en 119.135 liñas, “debido á baixada de 217.991 liñas de prepago que non compensou o aumento de case 100.000 liñas de pospago”, sinala a Comisión, que engade que febreiro pechou cunha cifra de 50.472.517 liñas móbiles, o que supón un 0,8% máis que en febreiro de 2014.
A penetración foi de 108,5 liñas por cada 100 habitantes, case un punto porcentual máis que hai un ano.
No mes de febreiro portáronse 500.000 números móbiles, o que supón un descenso da 13,4% fronte ao volume rexistrado en febreiro de 2014. Movistar e Vodafone foron os operadores que este mes rexistraron un saldo negativo de portabilidade, con 44.028 e 40.404 liñas respectivamente. En contraposición, os OMV presentaron un saldo positivo de 78.967 e Orange e Yoigo conseguiron importar ao redor de 3.000 liñas máis das que cederon a outros operadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?