Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense intégrase na compaña solidaria de recollida de móbiles de UNICEF e Orange
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense intégrase na compaña solidaria de recollida de móbiles de UNICEF e Orange

Redacción
Publicado: 29/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ourense_construe_o_seu_futuro-2.jpgA campaña solidaria Constrúe o seu futuro de UNICEF e Orange está a asentarse na nosa terra. Máis polo miúdo no Campus de Ourense, da man do seu Gabinete Psicopedagóxico, que colaborando con esta iniciativa nos centros universitarios da Cidade das Burgas procura dous obxectivos base: por unha banda recadar axudas para países e contornas desfavorecidas no plano socioeconómico e, pola outra, concienciar sobre a importancia da reciclaxe de material tecnolóxico. De feito, Constrúe o seu futuro consiste en mobilizar aos usuarios de móbiles para que entreguen os aparellos que xa non usan. O proxecto conseguirá un mínimo de 2 euros cos que se poderá lograr que un neno ou nena da República Dominicana aprenda a ler e a entender o que le.
Segundo explican desde o propio gabinete, a idea xurdiu ao coñecer a campaña e ver que era posible implicar nela e nas súas arelas solidarias aos membros da comunidade universitaria dun xeito sinxelo e accesible. Para facelo, as súas técnicas repartiron polo Campus (nas conserxerías dos edificios de Ferro, Politécnico e Xuridico-Empresarial e na Biblioteca Rosalía de Castro), as caixas de recollida de móbiles e os carteis promocionais nos que se explica o proxecto. As persoas interesadas en participar só teñen que depositar antes do 30 de xuño nestas caixas o seu teléfono vello e xa o Gabinete Psicopedagóxico se encarga da recollida e do envío do material doado polos membros da comunidade universitaria aos promotores da iniciativa.
O proxecto Construye su futuro, informa o Gabinete, naceu en 2012 da colaboración de UNICEF e Orange para axudar a máis de 220.000 menores en zonas fronteirizas e marxinais de República Dominicana. Co diñeiro recadado a organización humanitaria poderá traballar de forma integrada con nenos e nenas, familias, docentes e o propio goberno para mellorar a calidade do ensino, “para que as escolas sexan un lugar seguro, sen violencia, que axuden a todos os nenos e nenas a prosperar e a desenvolver o seu potencial e o seu talento”.
As persoas interesadas poden participar na campaña a través de diferentes tipos de doazóns que se poden consultar na páxina web do proxecto. Até o de agora, levan recadado 419.847 euros, faltando 80.152 euros por conseguir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?