Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os maiores tamén gustan de WhatsApp e Facebook
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os maiores tamén gustan de WhatsApp e Facebook

Redacción
Publicado: 29/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usuario_maior_computador.jpgAo longo de dous anos Roser Beneito, profesora de Informática Multimedia e Telecomunicacións da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), levou a cabo un seguimento dun grupo de maiores de entre 64 e 79 anos no proxecto Xente maior e medios de comunicación sociais: rompendo coa e-marxinalidade, co cal puido despezar polo miúdo o uso que os anciáns fan dos medios sociais para comunicarse. Como conclusións (entre outras) tirou que: a maioría das persoas de máis de 64 anos que empregan as novas tecnoloxías da comunicación prefiren usar WhatsApp e Facebook, entre outras cousas porque lles conectan cos seus netos, e detestan facerse selfies.
O estudo constata que a xente maior quere ser moderna e apúntase a usar as novas tecnoloxías da comunicación para ser activos na nova sociedade dixital, aínda que con iso non pretendan aumentar as súas relacións sociais, como fan os mozos.
A dita análise, que se insire no programa de investigación de excelencia RecerCaixa, que impulsa a Obra Social La Caixa en colaboración coa Asociación Catalá de Universidades Públicas (ACUP), conclúe que as redes sociais non significan en si mesmas unha ampliación das relacións da xente maior, a non ser que os seus usuarios xa teñan unha vida social activa fóra de liña. Asemade, o uso das redes sociais axúdalles a construír unha imaxe deles mesmos como activos e integrados, segundo a autora, que observou un tipo de tecnoesnobismo, especialmente no caso dos homes.
O estudo tamén revela que as persoas maiores amosan unha gran disposición para aprender o uso de redes sociais e que usan máis as redes dixitais cando atopan nelas unha vinculación afectiva.
No traballo de campo feito por Beneito conclúese que a rede social con máis éxito entre os maiores é o WhatsApp, posto que lle permite crear grupos que manteñen configuracións afectivas moi semellantes ás que se dan fóra de internet: familia nuclear, grupos de amigos, etc. Sobre todo, os maiores usan esta rede para manter o contacto cos seus fillos e netos e compartir con eles imaxes. O estudo constata que Facebook tamén lles gusta porque lles permite manterse vinculados a intereses e afeccións nalgúns casos, psicoloxía, arte, teatro, ou política e porque é unha rede que fai máis doadas as relacións interxeracionais avós-netos, e, de feito, a relación de rede máis efectiva téñena cos seus netos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?