Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede galega celebra a figura da oceanógrafa Ángeles Alvariño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede galega celebra a figura da oceanógrafa Ángeles Alvariño

Redacción
Publicado: 01/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

angeles-alvarino-web.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra hoxe o Día da Ciencia en Galicia, conmemoración que ven substituír o Día do Científico Galego e que este ano homenaxea por primeira vez a unha investigadora muller, a oceanógrafa Ángeles Alvariño. A celebración lévase a cabo na web da RAGC e, este luns, na sede da entidade. O acto académico aberto ao público, que se desenvolve pola tarde en Santiago, abre un programa de actividades nos que nenos e adultos poderán achegarse á figura desta “científica ferrolá pioneira no ámbito da investigación mariña”, segundo sinala a academia.
Ás sete da tarde de mañá luns, as portas do Pazo de San Roque de Santiago abriranse á ciencia para acoller o acto académico na honra de Ángeles Alvariño, presidido polo presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O evento incluirá unha aproximación á vida e legado da científica homenaxeada a cargo de María José Leira, licenciada en Ciencias Naturais e sobriña de Ángeles Alvariño. Ademais, Juan Pérez de Rubín y Feigl, investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO), impartirá unha conferencia titulada Ángeles Alvariño González (1916-2005): a primeira oceanógrafa galega.
Grazas á colaboración da Fundación Barrié, será distribuída nos centros escolares de toda Galicia a unidade didáctica elaborada por expertos sobre a figura e o legado da oceanógrafa galega, como ten ocorrido nas anteriores edicións desta celebración. Ademais, entre setembro e decembro celebrarase un programa de obradoiros científicos para escolares nas sedes que a entidade ten en Vigo e na Coruña.
A colaboración da Fundación Barrié nesta iniciativa materialízase a través de Educabarrié e está xa activa en centros escolares das catro provincias. Na web educabarrie.org estará tamén dispoñible en datas vindeiras un vídeo divulgativo sobre Ángeles Alvariño.
O IEO, institución na que Ángeles Alvariño comezou a súa carreira científica, celebrará unha xornada de portas abertas o próximo sábado 6 de xuño no seu centro costeiro da Coruña, onde se expoñerá un panel divulgativo sobre a figura e o legado da oceanógrafa ferrolá, así como unha mostra de debuxos científicos realizados por ela e algúns dos seus libros.
No centro do IEO de Vigo celebrarase tamén en próximas datas unha charla-coloquio a cargo de Alberto Gonzalez-Garcés, investigador deste organismo que compartiu laboratorio con Ángeles Alvariño en California e que coñece ben o seu legado.
Ademais, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha un microsite dedicado ao Día da Ciencia en Galicia no que se detalla o legado científico de Ángeles Alvariño e se describe a historia da oceanografía en Galicia. Tamén se achega a súa importante figura (amplamente) a canle GCiencia, cunha ampla reportaxe sobre a súa traxectoria vital e profesional. Na Galipedia, igualmente, podemos atopar moitos datos sobre a nosa científica, incluíndo múltiples ligazóns a outras fontes de coñecemento acerca da súa figura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?