Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG achegou aos usuarios de Down Compostela ás vantaxes das TIC e aos seus posibles malos usos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG achegou aos usuarios de Down Compostela ás vantaxes das TIC e aos seus posibles malos usos

Redacción
Publicado: 01/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_down_compostela.jpgFernando Suárez, presidente do CPEIG, achegou o venres pasado unha charla sobre seguridade na Rede na sede da Fundación Down Compostela. A charla do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia tivo como obxectivo formar aos usuarios e usuarias do servizo de Inclusión Social e Laboral da Fundación no uso das novas tecnoloxías, facendo especial fincapé no potencial destas para mellorar nas persoas as súas capacidades de aprendizaxe e de comunicación. Tamén salientou as oportunidades que brindan as novas ferramentas para mellorarmos as nosas posibilidades de inclusión.
A charla tivo a súa orixe na aposta de Down Compostela por tirar partido das ferramentas da Sociedade da Información con vistas a mellorar a formación dos seus membros (máis dun centenar de persoas). Asemade, respondeu ao interese da entidade santiaguesa por optimizar o uso que se lles dá ás devanditas ferramentas, garantindo a máxima autonomía dos usuarios e a meirande seguridade nas súas comunicacións. Segundo sinala a fundación acerca desta aposta, trátase de formar a este colectivo que representa Down Compostela cos coñecementos precisos para optaren os seus membros a un posto de traballo nunha contorna normalizada na que o manexo da Rede resulta crucial. En base a isto, a charla do CPEIG convocouse para “poder aproveitar os recursos que ofrece a Rede e que axuden a concienciar aos usuarios e usuarias da necesidade de adoptar as medidas de seguridade axeitadas no uso das novas tecnoloxías”. A charla informativa impartida por Fernando Suárez representou un novo paso neste obxectivo de normalización TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?