Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Segue a dispararse o uso de software libre nas empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Segue a dispararse o uso de software libre nas empresas galegas

Redacción
Publicado: 01/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

empregando_computador.jpgA pasada semana AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) presentou novos informes sobre o emprego de programación aberta no noso tecido produtivo elaborados polo Observatorio para a Sociedade da Información (OSIMGA). Trátase das investigacións Software Libre nas pequenas e medianas empresas de Galicia e Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Entre outros datos de interese, neles dise que por primeira vez na historia, o uso deste tipo de ferramentas nas empresas de todos os sectores equipárase ao nivel de implantación das mesmas no sector TIC galego, sendo a taxa de afianzamento do open source do 84,7%. Nos estudos faise fincapé en que oito de cada dez empresas de Galicia con 10 ou máis empregados empregan software libre, o que supón un crecemento de 10,6 puntos porcentuais respecto ao ano anterior.
No que atinxe ás empresas con menos de 10 empregados, algo máis da metade usan programas sen licenzas privadas, o que significa un medre de 6,9 puntos respecto do ano anterior.
Segundo se sinala nas investigacións, o maior incremento rexístrase sobre todo nos servidores. Así, explícase, houbo un crecemento de 6,6 puntos porcentuais no uso do sistemas operativos libres nos servidores acompañado dun descenso de 10,5 puntos porcentuais no uso de sistemas privativos. Isto tradúcese noutro acontecemento histórico: por primeira vez a taxa de empresas do sector das TIC con servidores baseados en ferramentas libres é superior á taxa de firmas que apostan polos sistemas privados en servidores.
Os programas libres con maior implantación nas empresas galegas son os navegadores de Internet e as aplicacións ofimáticas, cun 80,2% e 58,2% respectivamente no caso das empresas de máis de 10 empregados e un 46,2% e 34,8% respectivamente no caso das microempresas.
No caso das empresas informáticas, as aplicacións máis usadas son os navegadores de internet (66,1%), as suites ofimáticas (59,5%) e os xestores de correo (48,7%).
Asemade, un 60,7% das empresas informáticas galegas que se adican á venda de produtos de software, ofrecen solucións libres aos seus clientes, case 10 puntos máis que no ano 2013. O que máis salienta neste punto é o software para comercio electrónico (8 de cada 10 empresas que venden produtos de comercio electrónico fano con software libre)
Nos informes indícase tamén que “as empresas informáticas galegas perciben os programas abertos como un posible nicho de mercado e máis da metade consideran que aumentarán no mercado no futuro, presentando unha perspectiva lixeiramente máis optimista que o ano anterior (aumenta do 51,4% a un 55,1%)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?