Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tripadvisor confirma a súa aposta pola tecnoloxía smartwatch cunha aplicación para Android Wear
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tripadvisor confirma a súa aposta pola tecnoloxía smartwatch cunha aplicación para Android Wear

Redacción
Publicado: 01/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tripadvisor_android_wear.jpgTripadvisor, plataforma web de viaxes, anunciou hoxe o lanzamento da súa aplicación para smartwatch co sistema Android Wear. Trátase dunha ferramenta de balde, dispoñible xa en Google Play e co obxectivo de axudar aos viaxeiros a atopar actividades próximas con acceso directo ao que contan os restantes usuarios da comunidade Tripadvisor sobre o lugar no que se atopan (e atoparán) os viaxeiros e as actividades máis teoricamente acaidas. Tamén hai acceso a fotografías de hoteis, restaurantes e atraccións. En definitiva, que se trata dun novo xeito de botar a unha man a que se atope só e lonxe de casa… mais co seu dispositivo.
Segundo fai saber TripAdvisor, este non é o primeiro chanzo da súa aposta pola tecnoloxía smartwatch, de feito súmase aos anuncios previos das aplicacións para Apple Watch (en abril de 2015) e Pebble Smartwatch App (a semana pasada).
Volvendo ao lanzamento para Android Wear, o obxectivo do mesmo, en palabras dos responsables da plataforma, “é proporcionar aos usuarios destes trebellos acceso aos millóns de comentarios de viaxeiros-usuarios que xa coñecen o destino turístico daqueles e xa pasaron por el, amais de axudarlles a atopar xoias ocultas, xa sexa un gran lugar no que durmir, comer ou visitar”. De feito, a aplicación de TripAdvisor para Android Wear dispón de recomendacións de restaurantes, atraccións e hoteis próximos (amosa unha listaxe dos lugares mellor puntuados ao redor da localización do usuario, grazas ao GPS, xunto cos títulos das opinións para axudarlle a elixir o mellor lugar) e dispón tamén de detalles de puntos de interese (amosa enderezos, rangos de prezos, horas de apertura e distancia á que están os puntos de interese, etc).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?