Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio de Santiago colabora nun catálogo europeo de ferramentas 2.0 para a internacionalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio de Santiago colabora nun catálogo europeo de ferramentas 2.0 para a internacionalización

Redacción
Publicado: 02/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador-4.jpgA Cámara de Comercio de Santiago anunciou a súa participación nun proxecto europeo que impulsa recursos tecnolóxicos colaborativos para o espallamento comercial dos autónomos e as PEME. Trátase do proxecto Entrepeneur 2.0, iniciativa cofinacianda polo programa Leonardo da Vinci da Unión Europea e que se centra, como dixemos, en abrir o emprendemento en Europa por medio das ferramentas 2.0 e os servizos da nube. O seu obxecto é tirar proveito destas solucións e “fixar unhas bases para o éxito empresarial”, ofrecéndolles axuda na súa saída ao exterior “mediante a equipamento e dotación con habilidades para o manexo de ferramentas interactivas”. A entidade compostelá, sen ir máis lonxe, participou este mes de maio nunha xuntanza de traballo arredor de Entrepeneur 2.0 celebrada en Lituania.
O proxecto, que se estenderá ata xullo de 2015, está dirixido a desempregados, emprendedores, autónomos, PEME e microPEME de países europeos que queiran converterse en empresarios de nova xeración.
A reunión de pilotaxe en Lituania contou coa asistencia de vinte representantes de todos os países socios e colaboradores como son Grecia, Turquía, República Checa, Irlanda, Eslovenia, Lituania, ademais da Cámara de Comercio de Santiago.
O programa e axenda da reunión (a sexta xa) comezou cunha recepción oficial na Biblioteca Nacional de Lituania. Na cita, os socios elaboraron un catálogo de servizos e ferramentas baseados na web 2.0 e na nube para facilitar aos destinatarios do programa o acceso á internacionalización e innovación a baixo custo. O catálogo será o itinerario formativo que usarán os emprendedores para a súa formación en liña. Este recurso, segundo fai saber a Cámara, está especializado nos eidos da mercadotecnia do correo electrónico, as páxinas web, as redes sociais, o asesoramento e o apoio empresarial, a xestión financeira, o asesoramento legal, a xestión da relación co cliente, a intelixente empresarial, as ferramentas colaborativas, a produtividade, a aprendizaxe en liña e a contratación externa.
O documento presentarase aos empresarios da demarcación a finais de ano nunha xornada organizada na Cámara de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?