Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medran os usuarios e as consultas en liña nas nosas bibliotecas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medran os usuarios e as consultas en liña nas nosas bibliotecas

Redacción
Publicado: 02/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_estudo_arquivos_portada-2.jpgO Observatorio da Cultura do CCG vén de presentar os datos máis salientables da súa investigación Os arquivos e a protección do patrimonio documental, onde se recollen as información das actividades de bibliotecas e de arquivos da nosa terra. Ou sexa, que estamos ante un diagnóstico actualizado do estado de saúde dos nosos centros de coñecemento, atendendo a parámetros como o número de usuarios ou as cifras de préstamos. Segundo se fai saber, no ano 2013 as bibliotecas galegas rexistraron cinco millóns e medio de visitantes e preto de dous millóns e medo de préstamos. No informe dise que estas bibliotecas e arquivos (encargados da custodia e catalogación do patrimonio documental e bibliográfico do país) experimentaron nos últimos tempos unha transformación social e tecnolóxica, cousa que redundou no seu impulso.
En definitiva, que o documento do Consello da Cultura Galega constata “o bo momento” de saúde dos centros de coñecemento da nosa terra, cun importante medre de usuarios nos últimos tempos.
Así, de 17.511 postos de consulta dispoñibles en Galicia en 2009, pasouse a 18.320 en 2013, “un incremento que se produciu de xeito paralelo ao incremento de usuarios inscritos na Rede de Bibliotecas de Galicia, que subiu de maneira exponencial a partir de 2012”.
O Observatorio da Cultura Galega tamén constata, coas estatísticas da Rede de Bibliotecas de Galicia, unha mellora “na dotación técnica e humana no período de referencia”. No que ten que ver cos traballadores, pasouse de 362 a 898, sendo o grupo que máis medra o de bibliotecarios profesionais con adicación plena. Mellora tamén o número de fotocopiadoras, impresoras, escáneres e ordenadores aínda que se perde superficie de uso bibliotecario. No que atinxe á devandita modernización tecnolóxica, incrementouse a cifra de consultas en liña aos fondos, a través do programa de xestión bibliotecaria MEIGA, que pasaron de 37.235.000 en 2009 a 84.940.906 en 2013.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?