Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEIP Ponte dos Brozos celebra a súa cuarta Xornada de Experiencias TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEIP Ponte dos Brozos celebra a súa cuarta Xornada de Experiencias TIC

Redacción
Publicado: 02/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

portada-ponte-dos-brozos.jpgEste mércores, día 3 de xuño, o Centro Tecnolóxico de Arteixo acollerá a cuarta edición da Xornada de Experiencias TIC. No marco da xornada celebrarase a presentación dos traballos de innovación do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) sobre o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Trátase dunha serie de iniciativas centradas principalmente en contornas de linguaxe de programación e uso de vídeos educativos.
Segundo informan fontes do centro, a esta xornada están convidados os representantes e integrantes do ámbito educativo galego, a Corporación do Concello de Arteixo e, por suposto, o alumnado, o profesorado e as familias dos escolares do devandito centro. Ademais, contarase coa presenza dos responsables de Centro de Formación e Recursos da Coruña, da Asesoría de Bibliotecas e da Fundación Amancio Ortega.
A xornada artellarase en dúas partes. Nunha primeira, amosaranse experiencias sobre o traballo desenvolvido dende educación infantil ata o 2º ciclo de primaria con contornas de linguaxe de programación e a súa aplicación cotiá nas aulas. O segundo bloque falará sobre as iniciativas levadas a cabo no ámbito da programación no 3º ciclo da educación primaria e dos eventos TED. Entre ambos bloques, nenos e nenas de diferentes cursos terán oportunidade de expor o seu traballo de xeito práctico convidando aos asistentes a participar con elas e eles. Entre as distintas intervencións amosaranse os vídeos do evento TEDxKids@Ceippontedosbrozos, celebrado este mes de maio que vimos de deixar atrás.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?