Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel e Sky permitirán ver escenas críticas de fútbol dende tódolos ángulos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Intel e Sky permitirán ver escenas críticas de fútbol dende tódolos ángulos

Redacción
Publicado: 04/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

unbenannt-1-kopie-1024x616.jpgIntel vén de xuntar forzas con Replay e Sky para, sinalan, cambiar para sempre o noso xeito de ver o fútbol. E como vai ser isto? Pois para comezar, achegarán en Europa como primicia a posibilidade de asistirmos ás escenas máis críticas e cruciais dende todos os ángulos posibles. Como conclusión, remataron os debates que se xeran entre os seareiros dos dous equipos contrincantes arredor de cousas como un fóra de xogo que non fica claro ou un hipotético penalti. Así o conta Sky, provedor de televisión de pago para Alemaña e Austria, que vén de pór en marcha este proxecto piloto en Europa onde as novas tecnoloxías “inmersivas” permitirán desvelar o misterio que rodea calquera acción dos xogadores onde as cámaras tradicionais non dean chegado.
Esta nova técnica é posible grazas a FreeD, unha tecnoloxía de Replay, e á potencia de computación masiva proporcionada por Intel. FreeD, sinalan as empresas responsables do proxecto piloto, é quen de crear un fluxo de imaxes en 360 graos, ao “estilo Matrix”, que permite aos produtores de Sky amosar a acción “desde todos os ángulos imaxinables”, o que fornecerá tomas panorámicas onde a cámara “practicamente voa sobre unha escena ao mesmo tempo que a grava dende tódolos ángulos”. Isto lógrase mediante un conxunto de 32 cámaras 5K que están instaladas en todo o estadio e que filman o xogo na súa totalidade.
Toda esta cantidade de datos simultáneos de vídeo transfírense a unha serie de computadores con Intel Xeon E5 e Intel Core ? i7, que despois producen unha posición de cámara virtual a partir deste conxunto masivo de información. Ao fío da importancia de contar cos procesadores de Intel, a firma Sky fai saber que “a tecnoloxía FreeD non sería posible sen a potencia de computación masiva que Intel pon en xogo”. E engade: “Cada segundo, as 32 cámaras de todo o terreo de xogo xeran ata 1 terabyte de datos de vídeo que precisa ser procesado en cuestión de segundos co obxecto de dar a Sky a capacidade de elaborar con eles a súa secuencia de vídeo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?