
O programa de formación será impartido pola Escola de Negocios AFundación, no Campus da Coruña, e terá unha duración de 70 horas de docencia presencial na que se tratarán temáticas coma a definición de obxectivos, plans e políticas de dirección; a análise de mercados nacionais e internacionais; a innovación e a mellora de procesos; o soporte económico-financeiro; e o desenvolvemento de persoal directivo.
Dada a imposibilidade de cubrir e atender toda a demanda xerada pola actividade formativa (a convocatoria foi todo un éxito), o Clúster xa está a estudar a posibilidade de facer unha segunda edición antes de rematar o ano.
Esta iniciativa conta con financiamento do IGAPE a través da liña de proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013. Diríxese, como dixemos, a optimizar a nosa competitividade empresarial mediante a formación do seu capital humano e a través de proxectos propostos por organismos intermedios e dirixidos a colectivos de empresas galegas.
O Clúster acada un éxito de participación no seu programa formativo Mini-MBA
Compartir Este Artigo
