Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O creador de La Nevera Roja, convidado á festa do 20 aniversario de AJE-Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O creador de La Nevera Roja, convidado á festa do 20 aniversario de AJE-Vigo

Redacción
Publicado: 04/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

jose_barrio_nevera_roja-2.jpgA Asociación de Novos Empresarios de Vigo –AJE Vigo– xa ten tras de si vinte anos de traxectoria e actividade. Para conmemoralo, a entidade celebra o 18 de xuño un encontro profesional para avaliar o camiño deixado atrás e, en consecuencia, as transformacións experimentadas polas empresas de Vigo e contorna ao longo do devandito período. O evento, para reforzar o obxectivo de facer repaso e albiscar futuros, contará coa presenza de dous emprendedores vigueses de renome. Un deles é o fundador da web La Nevera Roja, portal referente en España no ámbito da comida a domicilio.
Del Barrio, na súa intervención, fará un percorrido polo seu proxecto e amosará os detalles do seu proceso de medre ata dar cunhas cifras de vendas superiores aos 25 millóns de euros. Tamén falará da compra da empresa por Food Panda, que mercou o portal de raizame galega por 80 millóns de euros.
O evento contará coa presenza de máis empresas orixinarias de Vigo, é o caso Rodman (embarcacións innovadoras de recreo e pesca) e Kaleido (loxística innovadora), impulsadas por Francisco Rivas e Xoán Martínez, respectivamente. Rivas e Martínez estarán no evento do 18 para falar, baixo o epígrafe Liderar unha empresa en Vigo onte e hoxe, das principais diferenzas entre ser un creativo empresarial nos anos noventa e selo na actualidade. Amosarán, en detalle, como evolucionou a contorna socioeconómica, o financiamento, a captación do talento ou a mercadotecnia dixital e a comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?