Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O aforro total xerado pola Oficina Virtual Tributaria dende 2009 foi de 143 millóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O aforro total xerado pola Oficina Virtual Tributaria dende 2009 foi de 143 millóns

Redacción
Publicado: 05/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Web-Axencia-Tributaria-de-Galicia.jpgA Oficina Virtual Tributaria (OVT) de Galicia achegou este xoves un informe exhaustivo sobre a actividade xerada en 2014, facendo especial fincapé nos beneficios concretos achegados pola mesma (unha adaptación plena á contorna da eAdministración do sistema tributario tradicional). Segundo se fai saber, a OVT permitiu o ano pasado un aforro de máis de 30 millóns de euros, atinxindo a cidadáns e tamén a empresas. Por certo que o aforro total, contabilizando dende 2009, ascendeu a 143 millóns. En termos máis xenéricos e segundo fixo saber o conselleiro de Facenda (Valeriano Martínez) no Consello da Xunta, “o sistema telemático serviu para mellorar a produtividade da Administración e elevar a transparencia cara o contribuínte”.
En 2014, engadiu, “a Oficina Virtual Tributaria recibiu un total de 747.329 accesos, o que representa un incremento do 11,5% respecto a ano anterior e do 45,6% dende 2009”. E apuntou: “Na actualidade, esta ferramenta telemática recibe máis de 2.000 accesos ao día”. A maiores, no informe presentado lémbrase que arestora, o 100% dos impostos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) poden presentarse xa por vía telemática, “o que permite a calquera contribuínte realizar este trámite as 24 horas do día os 365 días do ano, e sempre coa máxima seguridade”. Tamén se pode realizar por esta vía o pagamento de taxas, prezos, multas e sancións.
Respecto a operacións concretas e accións contabilizadas, a investigación apunta a que preto do 65% das autoliquidacións de impostos presentadas en 2014 foron a través de Internet, “mentres que as presentacións en papel reducíronse neste período ao 35%”. Dende 2009 o peso dos trámites por vía telemática medrou en case 19 puntos, do mesmo xeito que se van reducindo as presentacións por papel. “En total”, explícase, “a Oficina Virtual Tributaria da ATRIGA recibiu o pasado ano 268.081 autoliquidacións por Internet, e a cifra acumulada dende 2009 é de 1,3 millóns”. Por outra banda, cidadáns e empresas tramitaron 333.636 valoracións de bens a través desta ferramenta, un 86% máis que hai seis anos.
Recordar tamén que entre os servizos públicos electrónicos que fornece a OVT atópanse a confección e impresión de modelos de autoliquidación, a declaración e pagamento telemático de tributos e outros servizos xerais, como consultas, valoracións de bens inmobles, valoración de vehículos usados, verificacións de documentos ou certificacións. Outro dos eidos é a emisión electrónica de certificados de débedas (a través da vía telemática emítense certificados a terceiros para cumprir requisitos en solicitudes de axudas, subvencións ou contratos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?