Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TomTom Telematics crea unha solución aberta para os vehículos de uso compartido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

TomTom Telematics crea unha solución aberta para os vehículos de uso compartido

Redacción
Publicado: 05/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

be_smart_2-2.jpgA unidade de negocio adicada ás solucións de xestión de frotas e os servizos telemáticos para vehículos do fabricante TomTom, coñecida como TomTom Telematics, vén de anunciar o lanzamento dunha solución que empregará a tecnoloxía de plataforma aberta da compañía, para apoiar as operacións sustentables de carsharing (uso compartido de vehículos) en Europa. Deste xeito, o integrador especializado en tecnoloxía e en redes de vehículos AttainIT une forzas con TomTom Telematics de cara á introdución do seu software de reserva de coches e datos das baterías eléctricas dos mesmos co sistema de xestión de frotas WEBFLEET de TomTom.
Así, axúdase ás empresas de uso compartido de vehículos, neste caso eléctricos, a xestionar a súa frota de maneira máis eficiente. A dita tecnoloxía xa foi adoptada con éxito polo integrador de software Be Smart para o seu despregamento e uso en Italia.
Este sistema permite aos clientes de Be Smart empregar unha aplicación móbil para alugar coches eléctricos ao momento, recoller e devolver os vehículos en puntos específicos do centro da cidade ou en zonas de free floating (os coches non están ligados a estacións de empréstamo, senón que poden ser usados alá onde se atopen) en Nápoles e Milán.
Grazas á plataforma de API aberta de TomTom Telematics, que permite acceder aos datos dos vehículos eléctricos e integralos co software ERP que utiliza Be Smart, a organización pode comprobar o estado da batería en cada vehículo, activar os coches de maneira remota, facer un seguimento da súa localización e facer seguimento da información da viaxe para facturar de xeito preciso ao cliente.
Engadir que esta tecnoloxía, que foi pioneira na edición inaugural da .connect Developer Conference de TomTom Telmatics do último ano, será exposta por parte de AttainIT e BeSmart a vindeira semana (9 de xuño) no novo encontro da .connect Developer Conference que se celebrará en Ámsterdam.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?