Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrense novos vieiros para o espallamento das nosas firmas coa segunda Misión Comercial Inversa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrense novos vieiros para o espallamento das nosas firmas coa segunda Misión Comercial Inversa

Redacción
Publicado: 09/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O presidente do Clúster TIC Galicia durante a apertura da primeira misión
O presidente do Clúster TIC Galicia durante a apertura da primeira misión
O Clúster TIC Galicia segue adiante coa súa estratexia de tender pontes bidireccionais co estranxeiro: pontes cara a América ou cara a Europa que lles sirvan ás nosas empresas para levar lonxe o seu coñecemento e experiencia. A isto responde a Misión Comercial Inversa, que está a piques de iniciar a súa segunda andaina: entre este mércores 10 de xuño e o día 14 do mesmo mes. O cometido da iniciativa: envorcar obxectivos e esforzos na procura de máis negocio para o noso sector tecnolóxico-dixital en países latinoamericanos.
Ás súas costas, esta nova misión ten tras de si unha primeira experiencia de traballo (en novembro) saldada con notable éxito: nela participaron entidades de ata sete países latinoamericanos. Logo desta sesión de apertura, o presidente do Clúster, Antonio Rodríguez do Curral viaxou a Colombia dentro da visita institucional programada pola Xunta e, froito das xuntanzas derivadas da súa estadía alén do Atlántico, foi quen de comprobar importantes nichos de actividade potencial para as empresas socias do Clúster. Desta comprobación xorde, precisamente, esta segunda misión, orientada no específico a facilitar as relacións comerciais entre as firmas galegas e colombianas. A isto cómpre engadir, na segunda Misión Inversa, a participación de compañías ecuatorianas e portuguesas.
Trátase, en palabras do Clúster, “dunha nova oportunidade para abrirnos a novos mercados buscando a fórmula internacionalizadora que mellor ase afaga aos nosos perfís”. Ou sexa as formulas do socio local, do partner ou do establecemento de sede propia, entre outras. Desta volta, ademais de potenciais clientes empresariais identificados por membros do Clúster TIC, convidáronse entidades intermedias como Ruta N Medellín-Medellinnovation, Cluster TIC de Medellín, a Federación Colombiana de Industrias do Software e Tecnoloxías da Información e ao Pólo das Tecnologias de Informação, Comunicação e Electrónica – TICE.PT. Estas entidades, sinala a organización do evento, comparten co Clúster TIC de Galicia liñas estratéxicas entre as que cómpre salientar as tecnoloxías de Internet das Cousas, as TIC para a eficiencia enerxética e as innovacións no ámbito da sanidade.
Ao longo da estadía na nosa terra, o Clúster realizará presentacións e visitas a empresas e institucións galegas para que os participantes “teñan unha visión ampla e actualizada da economía galega, dos proxectos de I+D que se están a executar neste intre e das capacidades e potencialidades do sector da tecnoloxía da información”.
Participan pola nosa terra na Misión Inversa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Universidade de Vigo (AtlantTIC), o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTiUS), o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia (SERGAS), Coruña Smart City e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?