Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a edición 2015 dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada a edición 2015 dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Redacción
Publicado: 09/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os premiados na edición 2014 dos galardóns
Os premiados na edición 2014 dos galardóns
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) vén de convocar unha nova edición dos seus galardóns anuais, dirixidos a salientar e distinguir as empresas, profesionais e entidades máis innovadoras e que máis e mellores esforzos teñan dirixido á promoción na nosa terra das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2015 son os seguintes: Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2015, Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2015, Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2015 e Premio Ineo ao Produto ou Servizo TIC orientado á Internet das Cousas 2015. Os galardóns entregaranse no transcurso da XX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
O prazo de presentación de memorias para todos os recoñecementos remata o vindeiro 13 de xullo ás 9.00 horas.
A continuación achegamos máis información detallada sobre cada un dos premios que se achegan este ano:
Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2015 Patrocinado pola Fundación Enxeñeiro Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este galardón pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. As bases deste premio están xa accesibles en formato PDF.
Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2015
Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e dotado con 2.000 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de achegar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC. As bases deste recoñecemento atópanse dispoñibles en PDF.
Premio Mellor Proxecto TIC con beneficios Sociais 2015
En colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das novas tecnoloxías que contribúan e fornezan beneficios á sociedade. As bases, en PDF.
Premio INEO ao Produto ou Servizo TEIC orientado ao “Internet das cousas” 2015
Patrocinado pola Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (Indo) e de carácter honorífico, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a contribuír á modernización e á innovación na economía galega. Máis información sobre o galardón en formato PDF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?