Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: VíaLugo abre oficialmente as súas portas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

VíaLugo abre oficialmente as súas portas

Redacción
Publicado: 09/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vialugo.jpgComo indicamos os días pasados a aceleradora de empresas VíaVigo, impulsada polo Consorcio da Zona Franca, conta xa con sede en Lugo, nas dependencias da Confederación de Empresarios local. Dende alí, dende VíaLugo, quérese dar acollida e impulsar novos proxectos innovadores do norte galego e, a longo prazo, estender a fórmula a todo o territorio galego (non só a Vigo e Lugo, que son as cidades que contan con presenza física da aceleradora). Para dar un pulo extra á sede da Cidade da Muralla, onte celebrouse alí un acto de apertura oficial, destacándose que a partir de agora, para falar de ambas palestras de emprendemento, cómpre falarmos de VíaGalicia. O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen recordou que a VíaGalicia suma máis de 2,2 millóns de euros en apoios.
Estes apoios inclúen os respaldos para cada un dos 15 proxectos que resulten gañadores da convocatoria de 2015 de ata 75.000 euros a través de Xesgalicia e a Axencia Galega de Innovación.
O conselleiro lembrou que os 15 proxectos con alto potencial innovador que resulten seleccionados este ano no certame VíaGalicia, non só recibirán apoio económico, senón colaboración en forma de infraestruturas para poñer en marcha a súa empresa, e asesoramento experto para desenvolver o seu plan de negocio e captar financiamento.
Tanto XesGalicia como a Axencia Galega de Innovación formarán parte do comité que seleccione aos proxectos gañadores, e Conde avanzou que este ano darase prioridade ao emprendemento innovador centrado nos grandes retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, ou RIS3, o mapa que guiará o investimento galego en innovación ata 2020. “Isto”, dixo, “suporá emprestar especial atención ás propostas de emprendemento que teñan que ver coa xestión innovadora dos recursos naturais e culturais, coa mellora da competitividade da industria, e coas tecnoloxías para unha vida saudable e o envellecemento activo, tendo moi en conta especial importancia as tecnoloxías facilitadoras, especialmente as TIC e a biotecnoloxía”.
As primeiras fases de apoio aos proxectos levaranse a cabo tanto en Lugo como en Vigo, dependendo da elección do propio emprendedor, mentres que a fase final concentrarase en Vigo. A sede lucense localizarase na CEL, que contribuirá á iniciativa apoiando á súa difusión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?