Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tórculo celebrou unha xornada de portas abertas amosando os futuros do deseño gráfico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tórculo celebrou unha xornada de portas abertas amosando os futuros do deseño gráfico

Redacción
Publicado: 11/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

torculo_4.jpgO mércores 10 de xuño a empresa de comunicación gráfica Tórculo abriu as portas das súas instalacións no Polígono do Tambre (Santiago) para “amosar as posibilidades da impresión dixital no mundo da creación artística e o deseño”. A sesión de portas abertas contou co apoio de Creatividade Galega, Briefing Galego e do deseñador arxentino-catalán América Sánchez, quen impartiu unha charla. A xornada comezou precisamente co relatorio Novas e actuais tendencias en deseño impartido por Sánchez, en palabras de Tórculo “gran gurú do deseño gráfico e un dos profesionais con maior reputación neste eido de traballo”.
O relator, entre outras experiencias e conceptos, expuxo ante os profesionais reunidos en Tórculo unha escolma dos seus traballos máis significativos e referenciais, ao tempo que comentaba o proceso seguido para cada creación, cal foi a orixe de cada unha delas, e que tipo de referentes empregou en materia de tipografía. Segundo lembra Tórculo, os asistentes participaron arreo na charla-coloquio, “achegando todas as súas inquietudes e dúbidas acerca de aspectos cos que día a día teñen que lidar os profesionais do deseño gráfico”.
torculo_5.jpgNa sesión, ademais do devandito, a empresa compostelá presentou a súa nova tecnoloxía de impresión dixital Canon, unha tecnoloxía a gran formato e con grande potencial para os ámbitos do deseño e a creación gráfica.
A xeira de portas abertas rematou cun obradoiro de traballo experimental no que os convidados tiveron a oportunidade de experimentar cos seus propios deseños obtendo “creacións únicas” impresas en materiais innovadores da marca Antalis, informa Tórculo, que lembra que entre os materiais empregados incluíronse madeira, plástico, aluminio ou niño de abella. Ademais, a empresa anfitrioa obsequiou aos convidados cunha colección de obras de arte presentadas en soportes orixinais e unha lámina numerada do Apóstolo Juan do deseñador América Sánchez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?