Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A axencia dixital galega Roi Scroll, Premio Cantábrico Excelente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A axencia dixital galega Roi Scroll, Premio Cantábrico Excelente

Redacción
Publicado: 12/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roi_scroll_2.jpgA axencia dixital galega Roi Scroll vén de obter un importante recoñecemento ao ter sido merecedora do Premio Cantábrico Excelente de Marketing Online que concede a compañía Suplementos e Monográficos. Como lembraremos, a firma galardoada está integrada por un equipo de especialistas en mercadotecnia dixital dirixida a grandes e medianas contas, sendo un dos seus obxectivos básicos achegar revolucionarios conceptos da promoción empresarial e comercial en liña. Entre os clientes da empresa atópanse firmas referenciais de múltiples sectores. Ademais, salienta por ter sido quen de habilitar unha división formativa centrada nas novas tecnoloxías e nos novos xeitos de facer mercadotecnia, a Roi Scroll Academy.
Nun plano máis concreto, Roi Scroll, con sede en Vigo, centra boa parte dos seus traballos en integrar, desenvolver e rendibilizar estratexias en liña que teñan sempre presente o retorno do investimento, polas súas siglas en inglés ROI (de aí o nome da empresa).
O galardón será entregado nunha gala o vindeiro 26 de xuño no hotel da Reconquista de Oviedo e reunirá a destacadas personalidades da vida empresarial, económica, social e cultural da beira cantábrica.
Segundo salienta o xurado dos galardóns, “Roi Scroll emprega as novas tecnoloxías publicitarias desde unha óptica innovadora sempre para acadar os mellores resultados para os seus clientes”. Así, engade o xurado, “a axencia tira proveito das últimas tecnoloxías que existen no mercado para conseguir aumentar as vendas ou facer medrar a notoriedade dos seus usuarios na canle dixital, e todo a través de procesos como a compra de audiencia en tempo real (real time bidding), accións volver capturar clientes potenciais, actividades para o mantemento no tempo dos compradores ou campañas de correo electrónico”. Ademais, lembran os impulsores dos Premios Cantábrico, Roi Scroll conta cun proxecto propio de formación en liña, a Roi Scroll Academy, dirixido a directores de mercadotecnia e novos empresarios que queiran estar ao tanto das últimas novidades e tecnoloxías do sector. As clases son impartidas por profesionais da axencia e especialistas en activo que xestionan campañas a diario.
Por último, Roi Scroll conta cun blog de seu, un emprazamento dixital onde o equipo da empresa e outros profesionais do sector colaboran para crear os mellores contidos sobre mercadotecnia dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?