Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Informe Avante sobre mercadotecnia en Galicia prevé un medre na Rede do 15,6%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Informe Avante sobre mercadotecnia en Galicia prevé un medre na Rede do 15,6%

Redacción
Publicado: 12/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Na mañá de onte presentábase en Compostela o resultado do Informe Avante 2015 da mercadotecnia en Galicia. O que se deduciu desta análise é que as principais empresas galegas investirán o 3,9% máis en publicidade e mercadotecnia en 2015. Tamén se concluíu que sete de cada tres euros encamiñados a medios convencionais invístense en prensa (49,3%) e radio (21,4%).
En canto aos medios que experimentarán maior medre ao longo de 2015, son Internet cun incremento do 15,6% e a televisión cunha variación do 8,1%; a prensa continua sendo a que máis investimento recibe e medra un 5,1%.
No acto de presentación de onte, ao que asistiron directivos de mercadotecnia e dos medios, Alfonso Boullosa, director de Avante en Galicia, José Luís Reza, presidente de Markea (Asociación Galega de Mercadotecnia) e Daniel González, director de Invesmark.
A segunda edición do Informe Avante da mercadotecnia en Galicia, reforza o seu compromiso de converterse no barómetro anual de referencia do sector, centrándose na actividade de mercadotecnia das principais empresas galegas. O panel de directivos de mercadotecnia está formado por profesionais das 38 principais empresas e institucións de Galicia por cifra de vendas ou investimento publicitario e pertencen a sectores como industria, alimentación, distribución, centros comerciais, turismo, telecomunicacións, servizos financeiros, sector público, etc.
Máis polo miúdo, os participantes do segundo Informe Avante agardan unha mellora do 72,2% da situación económica de Galicia en 2015 e ningún dos enquisados pensa que a situación será peor que a rexistrada en 2014.
O 77,1% dos enquisados neste informe prevé unha evolución favorable no nivel de confianza do consumidor galego ao longo de 2015; ningún dos enquisados considera que irá a peor e o 22,9% pensa que a confianza do consumidor non vai variar nos vindeiros meses.
En canto á rendibilidade do seu sector, o 52,8% dos panelistas deste estudo das principais empresas investidoras de Galicia en mercadotecnia e publicidade, afirman que mellorará durante 2015; mentres o 42,9% pensa que se manterá no presente exercicio.
De falarmos de actividades das marcas, o 91,7% dos enquisados citan a Estrela Galicia como unha das empresas galegas que realizou “mellor mercadotecnia” en 2014, seguida por Inditex (63,9%), Gadisa e R Cable sitúanse no terceiro posto, cun 50% en ambos os casos.
En canto ás empresas ou institucións de Galicia que realizaron as mellores campañas publicitarias en 2014, os enquisados sitúan nas primeiras posicións a Estrela Galicia (75, 5%), seguida por Abanca (47,2%), Gadisa (38,9%), R Cable (27,8%), Turismo de Galicia (16,7%), Gas Fenosa e Mondariz cun 13,9% ambas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?