Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto EcoRaee insiste na reutilización de aparellos eléctricos fronte a reciclaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto EcoRaee insiste na reutilización de aparellos eléctricos fronte a reciclaxe

Redacción
Publicado: 12/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ecoraee.jpgReutilización ou reciclaxe? Esta é a cuestión sobre a que estiveron a traballar ao longo de tres anos cinco departamentos da Universidade de Vigo (Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Informática, Economía Aplicada e grupo REDE e Dereito Ambiental, xunto coa Oficina de Medio Ambiente), Revertia e EnergyLab, dentro do proxecto EcoRaee, que xa tirou conclusións: a reutilización dos aparellos eléctricos e electrónicos é máis eficiente que a reciclaxe. Así, na actualidade, a meirande parte destes produtos son reciclados, fundindo as súas pezas para fabricar outros novos, pero moitos dos seus compoñentes son altamente contaminantes.
Por se isto non abondase, estímase que o 4% do lixo xerado no continente é electrónico e calcúlase que para 2020 trataranse de maneira inaxeitada 4,3 millóns de toneladas cada ano de computadores, móbiles ou consolas. Neste contexto preocupante xorde a idea de reutilización como alternativa ao proceso de reciclaxe, recuperando os aparellos, reparándoos e dándolles unha nova vida.
Segundo as análises e demostracións levadas a cabo ao abeiro do proxecto EcoRaee nos últimos anos, non é só unha alternativa, senón que é un proceso máis eficiente: optar pola reutilización fronte á reciclaxe supón un aforro de 45 euros en custos ambientais por cada aparello tratado.
Atendendo a todos estes datos, salientouse a necesaria colaboración das autoridades para mellorar a lexislación que incremente e faga máis doada a reutilización e tamén para a concienciación da sociedade. Como exemplo da falta de coñecemento e divulgación neste eido, explicouse que as empresas fabricantes están obrigadas a recoller os refugallos, algo que os consumidores descoñecen. “Até agora cando se mercaba un televisor, por exemplo, o vendedor debía acceder a recoller o vello, pero agora, coa entrada en vigor do novo real decreto en 2015, deben facelo aínda que non merquemos un novo”. Isto está ligado cunha das recomendacións de modificación do ordenamento xurídico que achegan dende EcoRaee, para que as facturas detallen o custo de reciclaxe ou reutilización de cada aparello. “Os fabricantes pagan un canon para que alguén se ocupe posteriormente deses procesos, e ese canon trasládase ao comprador e acaba formando parte do prezo de venda do produto”, explica Vilán. Polo tanto, as empresas están obrigadas a recoller os aparellos vellos ou estragados, xa que o consumidor paga por ese proceso.
EcoRaee é o sexto dos 35 proxectos seleccionados na convocatoria 2011 do programa da Unión Europea LIFE+ dentro do subprograma de política medioambiental e gobernanza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?