Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC achega un máster referencial a nivel español sobre as posibilidades de investigación e de negocio do Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC achega un máster referencial a nivel español sobre as posibilidades de investigación e de negocio do Big Data

Redacción
Publicado: 15/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior do edificio do CiTIUS no Campus Sur de Santiago
Exterior do edificio do CiTIUS no Campus Sur de Santiago
A Universidade de Santiago e a Universidade de Murcia están a organizar unha actividade formativa que salienta pola temática tratada (de gran interese e potencial para os novos vindeiros profesionais TIC) e tamén polo papel que representa a actividade no panorama educativo estatal: trátase dun dos primeiros másteres verificados a nivel español pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, ANECA. Falamos do Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análises de Datos Masivos: Big Data, que impartirán de xeito conxunto a USC e a UMU a partir do vindeiro ano académico (2015-2016). Esta achega formativa, amais do devandito, xa foi recoñecida polo Consello de Universidades como máster oficial na temática de Big Data.
Segundo nos informan fontes do centro tecnolóxico CiTIUS (na imaxe, no Campus Vida compostelán), as clases comezarán a principios de setembro de 2015, e servirán para debullar un completo plan de estudos no que participou o persoal académico da USC e a UMU e tamén numerosos profesionais da industria e os distintos colexios profesionais ligados á informática e as novas tecnoloxías. O máster consta dun único curso académico (60 ECTS), dividido en tres grandes bloques formativos: Big Data, Ciencia de Datos e Aplicacións de Negocio.
Os alumnos deberán presentar un proxecto de fin de máster tutelado por profesionais de empresas, centros de investigación ou universitarios.
big_data-3.jpgA actividade formativa vén auspiciada tamén por un prestixioso e referencial elenco de colaboradores e asesores externos, entre os que se contan firmas galegas como Coremain, AVA ou Plexus, ás que cómpre engadir compañías do talle de HP e Everis e entidades profesionais como o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, o Instituto Tecnolóxico para ou Control de Medio Mariño de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática da Rexión de Murcia ou o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Polo que se refire aos destinatarios do máster, desde a área de coordinación do mesmo sinalan que se determinou un “perfil de acceso amplo”. Na área participa (entre outros) David Losada Carril, profesor da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC) e investigador do CiTIUS, que informa que o obxectivo é “atraer a estudantes procedentes de Enxeñaría informática, Matemáticas, Física ou outras enxeñarías afíns”.Con respecto aos medios técnicos, o sistema empregado para permitir a actividade docente -asumida por ambas as universidades- será o da videoconferencia, coa finalidade “de facilitar a interacción e a claridade expositiva”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?