Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web paraestudarlugo.com recibiu máis de 5.000 visitas en só unha semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web paraestudarlugo.com recibiu máis de 5.000 visitas en só unha semana

Redacción
Publicado: 15/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_lugo_plan_choque_campus.jpgA Deputación de Lugo vén de facer balance da actividade xerada a través do seu programa de impulso do Campus local, unha iniciativa posta en marcha hai un ano polo organismo provincial e pola Universidade de Santiago e que xira agora (en boa medida) arredor do portal paraestudarlugo.com, que foi obxecto de 5.000 visitas en só unha semana. Este programa (chamado Plan de Choque) ten como recordaremos o obxectivo de incrementar o número de mozas e mozos que optan por formarse nos estudos superiores que se achegan na Cidade da Muralla, amais de potenciar a todos os niveis o traballo do Campus.
Segundo lembraron ante os medios a semana pasada o presidente da Deputación e o vicerreitor do Campus, José Ramón Gómez Besteiro e Javier Bueno Lema, o 40% das visitas á dita paxina proviñeron do estranxeiro, de países como Rusia, Estados Unidos ou Alemaña. As publicacións dende o Facebook da Deputación sobre a campaña tiveron un alcance de máis de 10.000 persoas.
No balance do Plan de Choque tamén se fixo saber que grazas á iniciativa incrementouse nun 40% a matrícula nas titulacións nas que non se cubrían as prazas. “Este ano”, sinalaron, “as expectativas son aínda mellores grazas ás axudas que ampliou a Deputación de Lugo”. Este fortalecemento do programa materializouse no impulso á web paraestudarlugo,com, que na semana que leva activa recibiu máis de 5.000 visitas de todos os recantos de Galicia e España, sobre todo dende a provincia de Lugo, aínda que o 11% foron dende Madrid e o 3% dende Barcelona. Como dixemos, o 40% das visitas tiveron a súa orixe no estranxeiro, de países como Rusia, Estados Unidos ou Alemaña; “feito que demostra que esta campaña está a fomentar o Campus de Lugo alén das nosas fronteiras” explicaron Gómez Besteiro e Bueno Lema.
A través da campaña a Deputación ofrece por segundo ano consecutivo descontos do 50% nos custen da matrícula a estudantes que se matriculen por primeira en 10 graos do Campus de Lugo. Son os seguintes: Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñería en Xeomática e Topografía; Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión Cultural; Relacións Laborais e Recursos Humanos; Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Administración e Dirección de Empresas. O desconto do 50% aplicarase de xeito automático no momento de pagar a matrícula.
O Plan de Choque que Deputación e USC puxeron en marcha o ano pasado, promocionando Lugo como cidade universitaria, rompeu coa tendencia á baixa de alumnos que experimentaba o Campus de Lugo. “Deste xeito”, engadiron o presidente e o vicerreitor, “as titulacións con menor demanda, cuxa primeira matrícula custeou ao 50% o organismo provincial, experimentaron un incremento do 40% no curso 2014-2015, pasando de 137 estudantes a 191”. Neste senso salientaron a suba de graos como o de Ciencias da Cultura, que pasou de 12 a 45 alumnos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?