Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 150 empresas e representantes de parques tecnolóxicos xúntanse esta semana en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 150 empresas e representantes de parques tecnolóxicos xúntanse esta semana en Vigo

Redacción
Publicado: 15/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conferencia_parques_zona_franca.jpgEsta semana Vigo será máis que nunca o nexo de unión entre os centros de coñecemento e innovación estatal. O motivo? Pois, como lembraremos, celébrase na cidade galega, entre hoxe e o 17 de xuño, a edición número 13 da Conferencia Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos. A apertura oficial de actividades está prevista para esta tarde, ás 16.00 horas, cun acto de benvida no que participarán Teresa Pedrosa, delegada do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, e máis Abel Caballero, alcalde de Vigo. Logo da súa intervención celebrarase a asemblea xeral da APTE. A sesión de apertura desenvólvese no edificio de TexVigo, no Parque Tecnolóxico de Vigo. As actividades dos días vindeiros celebraranse no Centro de Negocios do Porto do Molle en Nigrán. O obxectivo é xuntar a máis de 150 empresas e representantes de parques.
O encontro vén da man do Consorcio da Zona Franca en colaboración coa Asociación de Parques Tecnolóxicos de España (APTE). O programa de actividades contará coa presenza de “destacados conferenciantes” afondando nos conceptos das novas formas de facer economía e empresa, a metodoloxía Organización 2.0, fonte de innovación e competitividade. Máis polo miúdo, a conferencia reunirá a relatores expertos na devandita materia como o galego Enrique Dans, Samuel Driessen (Entopic), Ana Neves (Knowman), Luís Suárez (IBM) ou Joana Sánchez (Incipy), con empresas e outros axentes nun foro de difusión sobre os procesos de cambio cultural e métodos de xestión desenvolvidos nos parques tecnolóxicos.
Emporiso, as estratexias en liña 2.0 serán a columna vertebral das sesións previstas, nas que os máis de 150 asistentes rexistrados debaterán sobre o potencial destas metodoloxías para a xestión interna de empresas e parques e, tamén, sobre a súa rendibilidade en materia de relacións con clientes e mercados. Asemade, analizaranse as posibilidades das ferramentas participativas e sociais para optimizar os propios complexos científicos e tecnolóxicos, en ámbitos como a comunicación, a produtividade, a colaboración ou a aprendizaxe.
Un total de 18 relatores intervirán nas principais sesións do evento que son: a transformación dixital dos parques científicos e tecnolóxicos, as organizacións que colaboran e a colaboración en liña para potenciar beneficios.
O día 16 ás 11.00 horas tamén terá lugar o acto de entrega dos Premios APTE á mellor práctica en parques científicos e tecnolóxicos, galardón que outorga a asociación para recoñecer as mellores experiencias levadas a cabo polas entidades xestoras dos parques no seu ámbito de actuación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?