Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Voluntariado Dixital pon en marcha o seu plan formativo 2015 baixo o paraugas do design thinking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Voluntariado Dixital pon en marcha o seu plan formativo 2015 baixo o paraugas do design thinking

Redacción
Publicado: 15/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

design_thinkng_equipo.jpgO Plan de Formación 2015, incluído dentro do programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de anunciar o seu comezo baixo o título Design Thinking para a Innovación Social Dixital. O programa formativo ten prazas limitadas e desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela. As xornadas están distribuídas en dous bloques: o primeiro celebrarase entre o 17 e 18 de xuño de 16:00 a 20:00 horas e o segundo entre o 1 e 2 de xullo de 16:00 a 20:00 horas.
E cal é a meta desta actividade? Pois achegar as ferramentas e as metodoloxías máis avanzadas para xerar ideas, detectar necesidades de mercado e resolver problemas, apostando pola innovación como un proceso colaborativo.
A través da formación e tomando como referencia práctica os 10 proxectos seleccionados na iniciativa da AMTEGA CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital traballaranse todas as fases da metodoloxía Design Thinking: empatía, definición, ideación, prototipado e testeo. En que se traduce o Design Thinking? É unha disciplina que emprega a sensibilidade e os métodos dos deseñadores para facer coincidir as necesidades das persoas co que é tecnoloxicamente factible e viable dende un punto de vista económico. Así, as sesións estarán ao cargo de Designthinking.gal, un espazo educativo formado por un equipo multidisciplinar.
En canto aos relatores, dicir que asistirán ao evento: Enrique Saavedra (enxeñeiro en Deseño de Inditex e co-fundador do estudo Vermis Project e dos proxectos VermisLAB Designthinking.gal así coma director da delegación inglesa); Marcos Saavedra (deseñador de Produto e co-fundador do estudo Vermis Project e dos proxectos VermisLAB Designthinking.gal así coma director da delegación española); José Ramón Rodríguez (psicólogo empresarial) e Chus Prol (filóloga e storyteller, xestiona o espazo de coworking Doutroxeito).
Os interesados en asistir a este Plan de Formación poden atopar máis información e contidos no Programa. A inscrición pódese formalizar a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?