Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As actividades extraescolares vinculadas ás novas tecnoloxías son as favoritas dos máis novos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As actividades extraescolares vinculadas ás novas tecnoloxías son as favoritas dos máis novos

Redacción
Publicado: 16/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

minecraft_neno.jpgAs TIC e as novas xeracións semellan combinar ben, sempre e cando a relación entre unhas e outras se leve a cabo con sentidiño. Así o indica o Primeiro Estudo sobre Extraescolares e Novas Tecnoloxías, elaborado por ConMasFuturo para toda España e para todas as Comunidades. Máis polo miúdo, os alumnos de Primaria e Secundaria de Galicia consideran máis atractivas as actividades extraescolares baseadas nas novas tecnoloxías que outras actividades de apoio á formación, segundo se conclúe dos datos da dita investigación. Deste xeito, en Galicia un 67% dos mozos e un 46% das mozas en Educación Primaria indica que, á hora de elixir unha actividade extraescolar, prefiren Minecraft, robótica ou desenvolvemento de videoxogos, en troques doutras como inglés, judo ou xadrez.
Asemade, segundo o estudo, o 78% dos mozos e o 64% das mozas que cursan estudos de Secundaria sinalan entre as súas extraescolares preferidas o desenvolvemento de aplicacións móbiles, a programación de páxinas web e a robótica, fronte a outras materias que nalgúns casos poden chegar a percibir coma un castigo.
O estudo baseouse nunha enquisa presencial e en liña realizada ao longo deste mes de maio, na que participaron 2.000 alumnos e alumnas residentes en España e que se levou a cabo co obxectivo de coñecer as súas preferencias á hora de elixir actividade extraescolar.
Os resultados deste estudo para toda España amosan que un 68% dos alumnos e alumnas de Primaria e ata un 74% dos de Secundaria optarían, de poder elixir, por actividades extraescolares relacionadas coas novas tecnoloxías.
“Estas ferramentas acabarán sendo como o inglés, unha materia que hai anos poucos estudaban, pero que agora os nenos e nenas aprenden desde a infancia. As novas tecnoloxías baséanse nunha linguaxe que eles adquiren dunha forma natural, como montar en bicicleta ou patinar, e que lles permite acceder a un mundo cheo de posibilidades”, explica Antolín García, fundador de ConMasFuturo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?