Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos avances da Deputación de Ourense nos procesos con resolución en liña inmediata co seu Programa de Termalismo Social.
Tamén destacamos outros temas como:
– Gradiant e Everis presentan o seu centro de traballo conxunto en Santiago
– Vodafone facturou 4.679 millóns de euros no seu último ano fiscal
– O CPEIG recoñece o compromiso coa innovación de Benigno Rosón e a firma Teimas
– O CITIC confirma con dous proxectos o seu potencial para tirar partido de Innterconecta
– A Deputación de Lugo fai reconto da súa intensa actividade de comunicación 2.0
– Novo pulo á Rede de Emerxencias Dixital de Galicia
– O portal Pasaxe evitou a presentación de 130.000 documentos entre xaneiro e abril deste ano
– O CPETIG organiza dous seminarios sobre protección de datos en Xustiza
– Smart GalApps axuda ás asociacións de negocios a teren aplicación móbil de seu
– Situm, gañadora da edición galega de EmprendedorXXI
– Teimas impulsa en Compostela a iniciativa de fomento de reciclaxe A Tropa Verde
– Entrevistamos a Edita de Lorenzo, directora xeral de Puntogal
– Igaciencia comparte co profesorado galego múltiples recursos libres para mellorar o ensino
– AGASOL amosa nun congreso o amplo potencial do código aberto
– Imaxin desenvolve os minixogos de Pandijuegos
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
