Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Feijoo salienta o esforzo conxunto para a modernización do sistema educativo público galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Feijoo salienta o esforzo conxunto para a modernización do sistema educativo público galego

Redacción
Publicado: 17/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150617_feijoo_abalar_01.jpgEsta maña o presidente da Xunta de Galicia visitou o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo, onde está a implantarse o proxecto Abalar, de aí que Núñez Feijoo aproveitase a ocasión para destacar a implicación e o esforzo dos docentes, os alumnos e das empresas tecnolóxicas por “modernizar a educación pública galega”.
O proxecto funciona dende o curso 2010/11 e supón unha evolución constante para transformar a aula tradicional en dixital, chegando xa a 2.300 aulas de máis de 500 centros educativos, de xeito que afecta a uns 52 mil alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.
20150617_feijoo_abalar_02.jpgA través de Abalar é posible “atopar 2.500 recursos educativos en sete idiomas e, nos dous vindeiros anos, o libro dixital chegará a 27.000 alumnos”, destacou o dirixente autonómico, quen asegurou tamén que máis de 23 mil docentes recibiron formación en TIC e as familias tamén se viron beneficiadas permitindo facer un mellor seguimento da actividade dos seus fillos a través da aplicación abalarMóbil.
Para a dixitalización das aulas é de grande importancia unha banda larga de calidade, reto que vai superándose paulatinamente, de xeito que actualmente xa hai preto de 250 centros con conexións de ata 100 Mbps e procurarán que outros 140 centros dispoñan de velocidades de ata 200 Mbps.
Feijoo asegurou que Abalar seguirá a avanzar, ampliando nos vindeiros cursos a plataforma eDixital, con contidos educativos dixitais de balde e accesibles sen conexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?