Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marcelo Soria (BBVA Data & Analitics) acode a Santiago para amosar xeitos eficaces de xestionar a información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marcelo Soria (BBVA Data & Analitics) acode a Santiago para amosar xeitos eficaces de xestionar a información

Redacción
Publicado: 17/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marcelo_soria_bbva.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) vén de anunciar a convocatoria dunha conferencia-coloquio co vicepresidente de Servizos de Datos en BBVA Data & Analitics, Marcelo Soria. A cita, que se vai desenvolver o vindeiro martes 23 de xuño no Hotel AC Palacio do Carme en Santiago a partir das 11.30 horas, insírese no programa de actividades levadas a cabo polo Colexio para contribuír dende a nosa terra “á promoción e ao desenvolvemento das telecomunicacións e da Sociedade da Información”.
Na cita, que se vai celebrar en colaboración co Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), contarase tamén coa presenza da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, que participará na xeira de apertura que dará paso ao relatorio de Marcelo Soria, a desenvolver baixo o seguinte epígrafe: Datos? Que facer? Por que precisamente eu?. Trala sesión, os asistentes poderán intercambiar opinións persoalmente co relator, na rolda de preguntas que terá lugar posteriormente.
Lembrar que Marcelo Soria, enxeñeiro de Telecomunicación, traballou como investigador en tratamento de datos no fabricante tecnolóxico Nokia, en dúas novas empresas españolas do eido tecnolóxico e máis no departamento de innovación do BBVA. Arestora é consultor en innovación e en datos masivos, vicepresidente de Data Services e responsable de New Data Products e Data Stories na división de análise de información da devandita entidade financeira. Tamén foi co-fundador de Databeers, un movemento que busca achegar o valor dos datos ao gran público mediante formatos informais, e co-creador de Festrip, unha empresa de nova creación que se adica a combinar a experiencia de viaxar cos festivais de música. Marcelo Soria é investidor e mentor noutras empresas de alicerce tecnolóxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?