Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA participa arreo nunha rede europea de centros de supercomputación para PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA participa arreo nunha rede europea de centros de supercomputación para PEME

Redacción
Publicado: 17/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cesga_entrada.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de informar da súa participación activa nunha rede europea de centros de competencias en cálculo masivo de altas prestacións (HPC) para o ámbito das pequenas e medianas empresas. A iniciativa europea, chamada SESAME NET (polas súas siglas en inglés Supercomputing Expertise for SmAll and Medium Enterprise Network), está financiada a través do programa de investigación e innovación europeo Horizonte 2020. O cometido do CESGA neste proxecto é liderar o paquete de traballo sobre participación, compromiso e desenvolvemento de capacidades e destrezas por parte das pequenas e medianas empresas europeas.
A principal finalidade da rede, segundo informa o CESGA, “é prover coñecemento, infraestruturas, soporte técnico e apoio a pequenas e medianas empresas europeas no uso de técnicas, métodos e infraestruturas de computación de altas prestacións para obter vantaxes competitivas no mercado”.
Polo tanto, o proxecto apóiase directamente en amosar e dispoñibilizar as vantaxes da supercomputación para o sector produtivo, e máis tendo en conta como dun tempo a esta parte a supercomputación “converteuse nunha tecnoloxía indispensable para o medre do negocio”, engaden os impulsores de SESAME NET, unha iniciativa que en palabras do CESGA “fornecerá apoio vital ás PEME que precisen dispor de acceso a recursos e servizos HPC para obter éxitos comerciais vindeiros”.
Como dixemos, na rede europea o centro galego ten encomendada a misión de liderar o paquete de traballo sobre participación, compromiso e desenvolvemento de capacidades e destrezas par parte das PEME. O CESGA é o único representante estatal neste tecido público-privado conformado por 15 institucións, universidades e empresas de 13 países europeos. O Centro de Supercomputación de Galicia achegará no proxecto a súa experiencia e coñecementos obtidos na prestación de servizos HPC a pequenas e medianas empresas, a través de iniciativas concretas como Simula (2005), CloudPYME I (2011), UBERCLOUD (2012), CloudPYME II (2013), FORTISSIMO (2013) ou FORTISSIMO II (2015), todas elas centradas en prover solucións HPC no sector produtivo.
Sinalar tamén que a rede SESAME NET conta con apoio financeiro do Programa Horizonte 2020 por un importe total de 2 millóns de euros. O CESGA dispón para o desenvolvemento da súa actividade dun financiamento europeo de 158.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?