Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG distingue a Educación e AMTEGA por un estudo que busca espertar máis vocacións científicas e tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG distingue a Educación e AMTEGA por un estudo que busca espertar máis vocacións científicas e tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 18/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

neno_usuario_computador.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) decidiu recoñecer co Premio Iniciativa da Administración o esforzo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e da consultora Everis pola realización do Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos e matemáticos. Farase entrega do galardón o vindeiro 26 de xuño dentro da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que organiza cada ano o CPEIG (este 2015 celébrase a sétima edición).
Segundo salienta o Colexio, o traballo –que está arestora en proceso de realización- xorde nun contexto educativo galego no que só “un 9% dos estudantes universitarios matricúlase en carreiras científico-tecnolóxicas”, unha situación que en palabras do CPEIG “cómpre abordar para xerar un cambio que contribúa a aumentar o atractivo destas carreiras entre as mozas e mozos galegos”. De aí, desta necesidade mudar o rumbo das cousas e contribuír a espertar e impulsar máis vocacións científicas e tecnolóxicas, xorde precisamente a investigación Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos e matemáticos.
O traballo, máis polo miúdo, pretende obter unha tripla visión cualitativa e estruturada sobre tres elementos de interese para determinar a orixe do problema e os xeitos de emendalo. Por unha banda, as causas de carencia de vocacións científicas, tecnolóxicas e matemáticas entre o alumnado galego. Pola outra, o proceso de elección do itinerario formativo e profesional dos estudantes, os criterios, momentos críticos, axentes e factores que máis inflúen. Para rematar, e co punto de vista centrado no futuro, avalíanse as posibles vías de actuación para potenciar estas vocacións e mellorar o rendemento escolar nestes ámbitos.
Para a elaboración do traballo partiuse dunha metodoloxía focalizada na visión que o propio alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato nos centros educativos galegos ten sobre os factores que máis inflúen no momento de elixir o seu itinerario formativo. Con esa intención trasladóuselle ao alumnado unha enquisa para recoller as súas percepcións a unha mostra representativa destas/es estudantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?