Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada na Cidade da Cultura avaliará a fondo as posibilidades comunicativas e educativas dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada na Cidade da Cultura avaliará a fondo as posibilidades comunicativas e educativas dos videoxogos

Redacción
Publicado: 18/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xogar_e_cousa_seria-2.jpgO 30 de xuño, na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago), toca falar de videoxogos. E facelo seriamente, aínda que semelle unha contradición. A isto, e a debater sobre as diversas posibilidades que ofrece este tipo de lecer dixital no ensino e na comunicación, nos convida a xornada Xogar tamén é cousa seria. Experiencias na creación de videoxogos en Galicia. A cita será no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia e vén da man da Secretaría Xeral de Cultural co apoio de AGADIC e do IGAPE. A intención da xuntanza, que conta con Imaxin en labores de coordinación, é achegar un espazo para compartir experiencias creativas de empresas e administracións que tiran partido dos xogos dixitais para mellorar os seus servizos.
Máis polo miúdo, no evento amosaranse en detalle diferentes experiencias de lecer dixital levadas a cabo nas máis variadas contornas e con obxectivos ben dispares: produtividade empresarial, incremento de vendas, impulso á formación, melloras na saúde e no ensino, etc. Ao fío disto, boa parte da xornada orientarase a achegar a industria do videoxogo en Galicia a ámbitos onde non se xoga pero que amosan potencial de abondo como para acubillar actividades desta índole.
A iniciativa, que tamén abordará a situación actual e futuro dos videoxogos en Galicia, está dirixida especialmente a xerentes, directores, responsables de departamentos de comunicación, de recursos humanos ou de publicidade de empresas de Galicia, así como a persoal das administracións públicas, responsables de centros de formación, grupos de investigación ou novos emprendedores de solución tecnolóxicas interesados en coñecer e afondar na potencialidade da tecnoloxía dos videoxogos.
Segundo informa a organización, na xornada presentaranse recursos destinados ao eido sanitario, con programas para exercitar a cognición social e informar sobre hábitos sexuais saudables; ao educativo, con ferramentas vinculadas coa reciclaxe e o cambio climático; ou ao empresarial. Ademais, tamén haberá unha mesa redonda onde profesionais de Ficción Producciones, de Iberian Games, de A Meiga e de imaxin|software ofrecerán a súa visión desde o punto de vista dos desenvolvedores. O programa da xornada, coordinada por Imaxin, está accesible na páxina web da Secretaría Xeral de Cultura e a inscrición é de balde, a través do enderezo electrónico videoxogos@imaxin.com.
O programa
9:15 h Recepción de asistentes
9:30 h Apertura e presentación
9: 45 h Sanidade: e-motional training. Alejandro García Caballero, psiquiatra do Hospital de Día Complexo Hospitalario Universitario Ourense
10:15 h Reciclaxe: os xogos de SOGAMA. Teri Campos Mosquera, responsable de comunicación de SOGAMA.
10:45 h Experiencias en empresas. Silvia López Gómez, pedagoga especialista en videoxogos e investigadora da USC
11:15 h Educación: videoxogo CLMNTK. Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica
11:45 h Pausa-café
12:15 h Redes sociais: Sex Invaders. Cristina Márquez Riveras, técnica do plan galego anti VIH-SIDA e outras infeccións de transmisión sexual
12:45 h Mesa redonda: a visión dos desenvolvedores. Julio Casal, Ficción Producciones. Xosé Manuel Rey Piñeiro, Iberian Games. Ismael Faro, A Meiga. Modera: Luz Castro, imaxin|software
13:45 h Conclusións da xornada

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?