O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a AMTEGA organizan o vindeiro martes a xornada Faite profesional dixital da banca do futuro. O encontro, inserido na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, desenvolverase na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, en Ourense.
Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual. Os relatores exporán as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público, que porá o peche a esta terceira xornada de 1 mes, 1 profesión dixital.
O encontro desenvolverase de 10:30 a 13:00 horas no Salón de Actos da ESEI e a inscrición é libre e de balde. As persoas interesadas en asistir xa poden inscribirse en liña, sendo tamén posible seguir o evento a través de streaming.
O programa da xornada quedaría como segue:
– 10:15 Recepción de asistentes
– 10:30 Benvida Institucional: Fernando Suárez, presidente do CPEIG
– 10:50 Xoan González: Como xerar negocio no eido dos medios de pago
– 11:10 Abraham Otero Quintana: Bitcoin e Criptomoedas
– 11:30 Descanso
– 11:50 Ricardo Baratta: Seguridade na banca
– 12:10 Fernando Prieto: Crowdfunding
– 12:30 Debate
O CPEIG organiza unha xornada sobre a banca do futuro
Compartir Este Artigo

