Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un investigador da UVigo, elixido para participar no Imagine Creativity Center de Silicon Valley
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un investigador da UVigo, elixido para participar no Imagine Creativity Center de Silicon Valley

Redacción
Publicado: 19/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_destino_silicon_valley-2.jpgDe poñérmonos na pel dun enxeñeiro da innovación, o noso soño sería viaxar a Silicon Valley, o miolo tecnolóxico dos Estados Unidos e participar no Imagine Creativity Center, un centro de creatividade que cada verán abre as súas portas a 12 persoas con talento que terán a oportunidade de recibir formación empresarial especializada en emprendedurismo, coñecer aos mentores e visitar compañías da talla de Google e incorporarse ao desenvolvemento dun proxecto empresarial real. Desta volta o soño fíxose realidade para Franco Pérez Lissi, investigador da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, un dos 12 mozos e mozas procedentes do ámbito estatal seleccionados entre máis de 1000 candidatos para participar na edición 2015 do Imagine Creativity Center.
O xeito de chegar a ser elixido neste programa que o levará a San Francisco (onde ten a súa sede o Imagine Creativity Center) non foi doado, pero na súa candidatura xogaron algúns factores a favor. O principal foi un vídeo de presentación que gravou e editou coa súa moza, Lucía, cando estaba a piques de rematar o prazo para enviar candidaturas. Elixiron como escenario as praias e os montes da zona do Barbanza, “absolutamente abraiantes”, e nel contaron a historia da súa vida, a que se adica na actualidade e cales son as súas afeccións, centrándose moito nun deporte, o surf, “un elemento diferenciador co que deixar claro que non todo o mundo que se adica ás novas tecnoloxías ten que ser un ‘geek’ que non sae do laboratorio ou da oficina”. Outra baza coa que xogou Pérez Lissi, foi o o feito de ter participado no Imagine Express 2015.
O investigador elixido estará en San Francisco todo o mes de xullo, unha estancia de traballo na que terá a oportunidade de participar en todo o proceso creativo, de deseño, prototipado e presentación dun proxecto empresarial real. Recibirá formación académica da prestixiosa Universidade de Stanford e terá a oportunidade de visitar empresas como Google, Facebook, HP, Whatsapp, Wikipedia, NASA… non só para coñecer as súas instalacións, senón tamén para falar con altos cargos e aprender das súas metodoloxías de traballo.
Os 12 emprendedores elixidos forman catro grupos de tres persoas e a cada equipo asígnaselles un proxecto patrocinado por unha empresa, que no caso do investigador vigués é o grupo Agbar, a Sociedade Xeral de Augas de Barcelona, que proporciona os seus activos para que os investigadores deseñen un proxecto que axude a ofrecerlle á cidadanía novos servizos de índole tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?