Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS prepara a xornada de demostración Inside The Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS prepara a xornada de demostración Inside The Lab

Redacción
Publicado: 22/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citius_xornada_demostracion-2.jpgO vindeiro 3 de xullo terá lugar no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) o encontro Inside The Lab, unha xornada de presentación de tecnoloxía na que se amosarán os resultados de investigación únicos obtidos ao longo dos últimos anos nese centro senlleiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), moitos deles á vangarda da innovación mundial. E que meta se persegue con esta xuntanza? O obxectivo fundamental desta demostración é presentar algunhas das solucións de alta calidade que actualmente nutren a oferta tecnolóxica do centro, con aplicacións en múltiples eidos da actividade industrial.
O traballo desenvolvido nos laboratorios do CiTIUS está a transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras, o que representa unha extraordinaria oportunidade para o sector empresarial, xa que achega valor ao tecido produtivo e contribúe á mellora da calidade de vida.
Inside The Lab levarase a cabo ao longo da mañá do venres (entre as 10 e as 14 horas), e a súa estrutura reproducirá o formato dunha xornada de portas abertas, polo que non haberá unha axenda con horarios prefixados. Á súa chegada, os visitantes recibirán un plano coa situación dos distintos puntos informativos.
En total serán 16 demostradores científicos os que se amosarán, incluíndo 2 spin-off do centro: Cilenis, especializada en tecnoloxías da linguaxe, e Situm, cuxo núcleo de negocio son as tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores. Toda unha exhibición de sistemas innovadores que abranguen ámbitos de aplicación tan diversos como a diagnose asistida a través de imaxe médica 3D, a utilización de sensores intelixentes en agricultura ou o control de calidade mediante a análise de imaxe espectral.
Engadir que serán os propios emprendedores quen presenten os produtos comerciais que ambas as dúas startups teñen actualmente non mercado, defendendo ante os visitantes as vantaxes de apostar por estas compañías.
Para participar nesta xornada, o único requirimento é inscribirse previamente na web do CiTIUS antes do 3 de xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?