Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Eidolocal achega máis servizos en liña para os concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Eidolocal achega máis servizos en liña para os concellos

Redacción
Publicado: 22/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eidolocal.jpgXa hai nova versión do portal Eidolocal, que é a porta de entrada dos concellos aos servizos dixitais que desenvolve o Goberno galego para reforzar a eAdministración a través da fórmula de xuntar recursos. O portal, segundo fixeron saber a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Dirección Xeral de Administración Local, inclúe agora unha serie de actualizacións que redundan na marxe de uso e na accesibilidade, amais de optimizar a navegación e e mellorar e incrementar os servizos para as entidades locais e os usuarios. Ademais a web, cumprindo co Decreto sobre a presenza da Xunta en Internet aprobado en maio, emprega xa o dominio .gal.
Un dos novos servizos que incorpora o portal é a Sala de Sinaturas Virtual, que posibilita a revisión e sinatura electrónica en liña por parte dunha entidade local de determinado tipo de documentos emitidos pola Xunta como, por exemplo, os convenios.
Segundo informa AMTEGA, Eidolocal.gal ofrece tamén unha nova funcionalidade para os funcionarios do ámbito estatal, que recompila de xeito ordenado a información sobre os concursos e procesos selectivos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocados anualmente (inscricións, convocatoria, cualificacións…) e permite a xestión en liña da provisión de postos.
Entre os servizos renovados está o de Envíos á Xunta, concibido como unha caixa de correo dende o que a entidade local poderá subministrar documentación a determinadas unidades da Administración autonómica. Igualmente, reformulouse o Catálogo de Servizos.
En canto aos espazos de nova creación, unha das principais novidades é Meu Eido, “un escritorio que pode configurar o propio usuario e que lle permite centralizar súa actividade dentro do portal, agrupar os accesos directos a contidos e servizos de uso habitual e dispor dun taboleiro de avisos”, informa AMTEGA, que engade que o portal conta a maiores cun novo espazo de ofertas laborais con información das ofertas de emprego público convocadas polas entidades locais. Para difundir e informar das actuacións impulsadas pola Xunta para ás administracións locais habilitouse a sección Iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?