Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous proxectos confirman ao CITIC como socio estratéxico para a convocatoria FEDER Innterconecta 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous proxectos confirman ao CITIC como socio estratéxico para a convocatoria FEDER Innterconecta 2015

Redacción
Publicado: 23/06/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Instalacions_do_CITIC_no_Campus_de_Elvina.jpgO pasado 30 de abril quedou aberta de maneira oficial a Convocatoria FEDER Innterconecta 2015, que xestiona o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Unha vez máis, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) sitúase como un socio estratéxico para aquelas empresas que desexen presentar proxectos que xeren capacidades innovadoras. Recentemente, o CITIC traballou en dous proxectos adxudicatarios de axudas por parte de anteriores convocatorias FEDER Innterconecta: os proxectos Conforship e Bio+.
En ambos participaron investigadores da área Tecnolóxica de Intelixencia Artificial e Aplicacións do CITIC, en consorcio con membros doutras empresas, e o seu desenvolvemento foi posible grazas ao apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o Ministerio de Economía e Competitividade e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Esta área traballa con técnicas que gozan dunha gran demanda en diferentes contornas, grazas á súa capacidade de dotar dun comportamento intelixente a moitas aplicacións. A súa aplicación no sector da enxeñaría naval é moi ampla, e neste marco atópase o primeiro dos proxectos devanditos, Conforship, que persegue a implantación efectiva dun novo sistema de conformado térmico automático na industria da construción naval, para a obtención de chapas de curvatura complexa. Na actualidade, lembran fontes do CITIC, “non existe en Europa ningún proxecto semellante que pretenda resolver o problema mencionado, si noutros países con moito mercado naval, como Xapón”.
estaleiros_freire-2.jpgO proxecto, desenvolvido entre abril de 2013 e decembro de 2014, foi promovido polos estaleiros C.N.P. Freire e Nodosa, en colaboración con Nodosafer (especialistas en deseño, fabricación e reparación de maquinaria para granito), Syspro Engineering (expertos en enxeñaría de procesos, automatización, robótica, visión artificial e validacións) e Coremain (consultora especializada nas tecnoloxías da información que deu forma á aplicación informática).
En relación ao labor dos centros tecnolóxicos, Conforship contou coa colaboración Aimen-CITIC. O primeiro tiña xa experiencia na construción de barcos, determinando por onde debían pasar as liñas de calor mediante un sistema de cálculo por elementos finitos. “Este cómputo”, explican fontes do CITIC, “resultaba moi complexo e levaba varios días, polo que se recorreu ao CITIC para aplicar técnicas de intelixencia artificial que extraesen do sistema de Aimen o coñecemento preciso acerca do comportamento das propias chapas”. Bertha Guijarro, investigadora da área Tecnolóxica de Intelixencia Artificial e Aplicacións do CITIC, explica que “aplicouse un algoritmo de procura de liñas de calor que guindaba resultados en cuestión de segundos”.
O segundo proxecto Innterconecta foi Bio+, cuxo inicio tamén coincidiu coa primavera de 2013. O obxectivo foi desenvolver novas tecnoloxías que optimizasen e aumentasen a eficiencia na operación e mantemento de caldeiras de biomasa, reducindo os fallos aos menos posibles. O proxecto estivo liderado por ENCE Enerxía e Celulosa (referente europeo en produción de celulosa de eucalipto e primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa forestal), Keyplan (ligada ao mundo da enerxía renovable), Roca Roibas (adicada á comercialización de compoñentes industriais de instrumentación e control) e Maximino Seoane (especializados no mantemento integral ofrecendo servizos de mecanizado, caldeirería, construción de maquinaria, etc).
citic_bio_.jpgPara este proxecto volveu contarse coa colaboración do binomio Aimen-CITIC. A achega dos centros tecnolóxicos produciuse en dúas liñas. Por unha banda, Aimen e ENCE procederon ao estudo de novos materiais e recubrimentos que loitasen contra a corrosión e a erosión producidas polas areas presentes nos tubos. Doutra man, o CITIC desenvolveu un sistema de seguimento que fose quen de predicir a evolución da corrosión na planta. Este sistema permite, ao que o controla, actuar fronte a posibles fallos ou avarías na caldeira de tal maneira que, indirectamente, contribúese a un mellor mantemento do dispositivo. Óscar Fontenla, investigador da área Tecnolóxica de Intelixencia Artificial e Aplicacións do CITIC, apunta que nestes intres “o proxecto implantouse de maneira experimental na planta de ENCE de Pontevedra”, e prevense uns bos resultados para o mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?