A empresa ENCE (Enerxía e Celulosa) anunciaba esta semana aos propietarios forestais a achega dunha app para móbiles e tabletas que inclúe unha calculadora da cantidade de madeira de eucalipto coa que conta unha parcela, tendo en conta varios datos (altura total da árbore, diámetro, especie da madeira, número total de árbores por parcela). Con iso, a empresa quere apoiar o labor dos propietarios forestais outorgándolle unha ferramenta de traballo que lles axudará á xestión das súas plantacións e á toma de decisións.
Asemade, a aplicación inclúe diversas informacións de interese como subvencións que varios organismos forestais conceden aos produtores de madeira.
Alén disto, máis de 120.000 produtores de madeira de eucalipto en Galicia poderán informarse sobre cuestións decisivas como a certificación forestal ou consellos e técnicas para planificar o cultivo do eucalipto nas súas parcelas.
Cómpre informar que a dita aplicación pode descargarse xa en Android a través de Google Play nunha páxina web pensada como canle exclusiva para os produtores forestais que queren poñer a súa madeira no mercado. En canto aos usuarios de iOS, estes poderán descargala do Apple Store nun prazo de dúas semanas.
ENCE facilita cunha app o traballo dos produtores galegos de eucalipto
Compartir Este Artigo

